xoves 21/10/21

Sairá a Gran Bretaña da Union Europea?

A eleicion de Juncker para encabezar a Comision Europea foi un golpe constitucional en favor do absolutismo e a corrucion que sempre o acompaña. Quíxose demostrar que tiñan o poder os partidários dunha Union cada vez mais dominada polas elites e dirixida a que as soberanias dos países que a integran desaparezan e só fique a soberania de Bruxelas, o que na práctica significa Alemaña. 

A eleicion de Juncker para encabezar a Comision Europea foi un golpe constitucional en favor do absolutismo e a corrucion que sempre o acompaña. Quíxose demostrar que tiñan o poder os partidários dunha Union cada vez mais dominada polas elites e dirixida a que as soberanias dos países que a integran desaparezan e só fique a soberania de Bruxelas, o que na práctica significa Alemaña. Desde o principio o proxecto foi pensado para que mandasen Franza e Alemaña.  A Franza está debilitada e agora só queda Alemaña,  non se sabe por cuanto tempo, pois que empezan a xurdir tamben antieuropeístas nese país. Juncker é un ¨conservador federalista¨, partidario dunha federacion de rexions ou ¨nacions¨ sen poderes e que de nacion só teñan o nome.

"A eleicion de Juncker para encabezar a Comision Europea foi un golpe constitucional en favor do absolutismo e a corrucion que sempre o acompaña".

David Cameron, o primeiro ministro da Grá Bretaña, e o primeiro ministro de Hungria foron os únicos que votaron contra Juncker. Os países do norte non estaban moi dacordo có impudente golpe, pero submetéronse a Alemaña. O ministro británico tiña moi presente o trunfo do antieuropeísta UKIP nas eleicions europeas e sabia que tiña que demostrar ao eleitorado, e aos antieuropeístas do seu proprio partido, que non estaba dacordo có rumo absolutista da Union Europea. A sua posicion foi a de exixir reforma da institucion e anunciar que, se non a habia, o mais provábel era que a Grá Bretaña deixase a UE. Os outros fecháronse contra ele e deixaron moi claro que non haberia reforma de nada e que estaban dispostos a aceitar unha Union Europea ás ordes de Alemaña (e dos Estados Unidos, porque os países centroeuropeus e os bálticos xa viron que Alemaña non se quer malquistar con Rússia por razons políticas, xeográficas e comerciais e, como temen a Rússia a non se fian da OTAN, chamaron xa aos Estados Unidos para que os protexa).

"Será interesante observar o que aconteza entre esas elites europeístas con salários e pensions de super luxo que xogan á política de costas á realidade"

O partido traballista británico quixo apresentar o sucedido como unha humillacion para Cameron, e tamben a BBC, moi dominada neste momento pelas chattering classes (as clases paroleantes) que se adxudican a si proprias salários inmensos e queren pensar, igual que a esquerda europea, que a Union Europea é fina e progresista. Cameron adquiriu prestixio no país coa posicion forte que adoptou e subiu nas sondaxens de opinion. 

Será interesante observar o que aconteza entre esas elites europeístas con salários e pensions de super luxo que xogan á política de costas á realidade e sen entender nen querer saber o que está acontecendo fóra do seu círculo privilexiado, e os que pagan ese luxo, que son os submetidos ás rapiñantes políticas de ¨austeridade¨ e entenden mais cada vez que as elites montaron, para beneficio delas, un réximen absolutista, extractivo e corrutor.

comentarios