Opinión

O resultado das eleicions no Reino Unido

Os conservadores obtiveron maioria nas eleicions xerais do 7 de maio, mui en contra do que predician as pesquisas de opinion, que daban empate entre o partido conservador e o traballista.

Os conservadores obtiveron maioria nas eleicions xerais do 7 de maio, mui en contra do que predician as pesquisas de opinion, que daban empate entre o partido conservador e o traballista.

"Teran que analizar o porqué de que perdesen tudos os votos nunha Escócia que até hai pouco votaba en masa polo partido traballista, e de que non visen a ameaza que para eles representaba o UKIP"

A razon principal desa victoria foi seguramente a de que a economia non vai mal e que os conservadores teñen un plan claro para mellorala e pediron tempo para finalizalo, mentras que o partido traballista, que nunca inspirou confianza nese terreo, apresentou mais retórica que planos críveis. Os votantes queixáronse durante a campaña eleitoral de que nengun dos partidos respondia con claridade ás perguntas, e para a xeracion mais nova sería difícil ver o que distinguia a direita da esquerda. A negativa do partido traballista de falar da relacion do Reino Unido coa Union Europeia pareceu autoritaria e deu a impresion dun partido desconectado do sentir da xente por muito que invocase ao ¨povo¨. Visto o imenso fracaso destas eleicions para ese partido, os próprios integrantes del empezaron a dicer de imediato que terian que facer unha análise mui a fondo da desconexion có eleitorado que tan cara lles custara. Teran que analizar o porqué de que perdesen tudos os votos nunha Escócia que até hai pouco votaba en masa polo partido traballista, e de que non visen a ameaza que para eles representaba o UKIP, o partido antieuropeísta que, en termos de porcentaxe, quedou de terceiro, e se empeñasen en crer que só era unha ameaza  para os conservadores.

O partido nacionalista escocés tivo un grande trunfo na Escócia, mas non conseguiu o que queria, que era governar no Reino Unido coligado, ou aliado ás veces, có partido traballista. E o partido liberal-democrata, que governou coligado cós conservadores nestes últimoa anos, desapareceu prácticamente do mapa político. Semella que os votantes non lle perdoaron as promesas incumplidas das eleicions anteriores. Notouse muito na campaña o abismo entre uns políticos que crían que os votantes non tiñan memoria nen criterio e se deixarian levar pola imaxe e a propaganda, e a realidade dun eleitorado que non esquecera as tramposadas do Tony Blair en relacion coa guerra do Iraque nen os desastres económicos e a arrogancia do Gordon Brown.

"Cameron terá que negociar a devolution  que xa está en marcha, a entrega de mais poderes aos países que integran o Reino Unido".

David Cameron terá que se enfrentar con problemas difíceis, externos e no seu proprio partido.  Prometeu un referendo sobre a Unión Europeia en 2017 e dixo que primeiro tentará negociar cambios coa Union e logo os apresentará ao eleitorado. A Unión Europeia seguramente vaise negar a facer nengun cambio, a non ser que os Estados Unidos a presionen para que ceda. Cameron terá tamben que negociar a devolution  que xa está en marcha, a entrega de mais poderes aos países que integran o Reino Unido. Nesa negociacion é provável que se prantexe a cuestion da Formula Barnett mediante a que se distribúe o diñeiro que corresponde a cada un deses países e que os escoceses queren que siga. Agora, segun esa fórmula, Escócia, Gales e Irlanda do Norte receben mais que Inglaterra, 1.600 libras mais por habitante no caso de Escócia e mais ainda no caso da Irlanda do Norte. Será interesante ver como se van desenvolvendo as cousas, tendo en conta que, como din sempre o ingleses, un día é muito tempo en política e nunca se sabe o que traerá o futuro. 

Comentarios