Opinión

O novo ano na Union Europeia

O 2015 vai ser un ano interesante na Union Europeia.  Que vai pasar coa Grécia?  Alemaña lanzou sinais de que non importaria muito se a Grécia saíse da eurozona e até da UE.

O 2015 vai ser un ano interesante na Union Europeia. Que vai pasar coa Grécia? Alemaña lanzou sinais de que non importaria muito se a Grécia saíse da eurozona e até da UE.  Eses sinais estan destinados a facerlles saber aos gregos que van ter que pagar as dívidas, que son muitas, sobretudo cós bancos e as empresas alemás, e que non se lles vai permitir que sigan có de aproveitar que a UE non quera que se vaian para non pagar.  A realidade semella ser que, governe ou non Syriza, Grécia non vai pagar, porque non ten con que, e aí ven a cuestion fundamental:  se a UE permítelle que non pague, outros países faran depois igual.  E se non llo permite, Grécia terá que sair da eurozona ou da UE, e outros países depois sentiranse tentados a facelo tamben.  O efeito dominó poderia darse de calquer maneira, con consecuencias que dan pánico ás elites da UE e aos políticos dos países que a integran.  

"No Reino Unido se espera que as eleicions xerais de maio sexan as mais imprevisíveis da historia. Nen os mais veterans en previsions eleitorais atrévense a predicer o que vai suceder".

No Reino Unido se espera que as eleicions xerais de maio sexan as mais imprevisíveis da historia. Nen os mais veterans en previsions eleitorais atrévense a predicer o que vai suceder. O único que semella estar claro é que nengun dos dous grandes partidos tradicionais, o conservador e o traballista, atrae aos votantes, e que a xente deixou de crer neles. O mais provável é que nengun deses dous partidos, ainda que gañe, consiga a maioria precisa para governar e que teña que entrar en coalicion con algun dos outros. O problema é que o partido conservador teria que aliarse có antieuropeista UKIP, que non cré nesa reforma da UE que propugna David Cameron, o actual primeiro ministro do Reino Unido. E o partido traballista, europeísta incondicional, como case toda a esquerda europeia, teria que aliarse seguramente có SNP, o partido nacionalista escocés. O SNP xa se está preparando para iso, sen querer ver a contradicion e incompatibilidade de principios que haberia en que un partido que predica a separacion da Escócia do Reino Unido governase precisamente ese reino unido do que di que se quer arredar. 
   

Comentarios