Opinión

Non hai solucion para a Union Europeia

A Union Europeia é un edificio tan mal construido que non pode deixar que se mude ou se quite nengunha das pezas das que está feito porque se viria tudo abaixo. 

A Union Europeia é un edificio tan mal construido que non pode deixar que se mude ou se quite nengunha das pezas das que está feito porque se viria tudo abaixo.  Foi un proxecto que entusiasmou  aos que querian instituir un modelo de estado transnacional e antidemocrático que inaugurase a época do estado-mercado na que as nacions fosen ¨produtos¨ ao servicio das elites. Na prática non podía sair ben porque a matemática do pensamento foi errada desde o inicio e se fixeron as contas baseándose en que dous mais dous non tiñan que ser catro e podian ser tres ou cinco ou calquer outra cousa se asim se queria que fose.

"No asunto desa Grécia que non ten, nen vai ter, diñeiro para pagar as dívidas, vese claro até que ponto non hai saída para ninguen".

No asunto desa Grécia que non ten, nen vai ter, diñeiro para pagar as dívidas, vese claro até que ponto non hai saída para ninguen. Estan tudos tentando gañar tempo e botando remendos temporais, mas ninguen pode dar un paso para adiante ou para atrás. Chegado o final de Xuño, estará mais claro ainda que agora que Grécia non poderá pagar;  os da ¨troika¨ seguiran cada vez mais divididos entre eles porque os tres teñen obxetivos diferentes;  Merkel, que quereria dar facilidades para que a cousa non remate en traxedia, non poderá facelo porque seria ir en contra do sentir dos muitos alemans que saben que perdoar a Grécia significaria seguir subvencionando ás elites e mafias dos países mal administrados; e os Estados Unidos presionarán para que a Grécia poda seguir na Union Europeia porque non queren que busque protecion na Rúsia e porque, desde o ponto de vista da estratexia xeopolítica, sobretudo en relacion có Oriente Próximo, ten para eles muita importancia que non se apoderen dela outros amos menos governáveis. E o novo governo grego non poderá cumplir o mandato de parar as medidas de austeridade e seguir na eurozona, polo que o mais provável é que teña que convocar outras eleicions.

"Estados Unidos presionarán para que a Grécia poda seguir na Union Europeia porque non queren que busque protecion na Rúsia"

E a ese panorama a curto prazo hai que engadir as nuves negras de tormenta que se achegan á Union Europeia coas novas situacions políticas en muitos dos países que a forman e o referendo xa anunciado para o 2017 do Reino Unido, se é que para enton ainda segue en pé esa construcion autoritária e forzada que non ten a flexibilidade precisa para que se poda mover unha peza sen que caian tudas.

Comentarios