Opinión

Nacionalismo e patriarcado

O patriarcado usa a familia para fixar padrons autoritarios que logo se repiten en todas as estructuras da sociedade. A idea que o patriarcado institúe de nacion e patria é unha repeticion da que temos da familia e, como a familia patriarcal é autoritaria, é moi difícil pensar na ¨familia¨ grande que é a nacion dun xeito non autoritario. Mas iso é o que haberia que facer se queremos un nacionalismo galego que funcione. Haberia que inventar un nacionalismo non patriarcal.

"O patriarcado usa a familia para fixar padrons autoritarios que logo se repiten en todas as estructuras da sociedade".

O nacionalismo patriarcal é un calco da familia patriarcal. Céntrase no pasado, na estirpe, no ¨prestixio¨, na respeitabilidade social e na glorificación da ¨familia¨ ou da raza, e dicta o futuro para que nada mude. A familia patriarcal impon repeticion e reproduccion maquinal. O futuro fórzase para que non se poda sair do xa estabelecido e xustifícase todo en nome da familia. Ese enfamiliamento causa unha actitude  defensiva-ofensiva fronte o distinto, fronte o de fora, e impide a relacion amistosa e criativa cós demais.

No ámbito internacional vese o modelo patriarcal en que os países estan sempre en guerra e dedicando toda a enerxía e todo o diñeiro á defensa e a agresión. O patriarcado impón ese padrón de ¨ou venzo ou me vencen¨, ¨ou mando ou mandan en min¨, ¨ou anulo ou me anulan¨. O ¨outro¨ e o diferente é sempre inimigo e esmágase dentro da familia e fora. Isto fai case imposíbel relacionarse cós demais e remata nunha sociopatia xeral.

"Se non se pensa en facer un nacionalismo galego non patriarcal, mesmo que se conseguise unha Galiza con autodeterminacion ou independencia o modelo sería tan autoritario como o de antes".

Se non se pensa en facer un nacionalismo galego non patriarcal, mesmo que se conseguise unha Galiza con autodeterminacion ou independencia o modelo sería tan autoritario como o de antes. A nación galega seria un calco en pequeno das nacions mais grandes, igual de dominada polas elites ou pior, igual de manexada polos sagaces e carreiristas, neglixente do futuro e adoradora dun pasado fantasiado e glorificado. E as galegas e os galegos seguirian sen ter independencia, porque as autoridades traballarian para adentrar o sentimento de dívida, sacrificio e culpabilidade, igual que na familia patriarcal, e farian que a mudanza, a transformacion e a liberdade parecesen infraccions imperdonábeis contra a nación. 

Comentarios