Opinión

Investimento e austeridade na Union Europeia

Na Union Europeia hai un dares e teres entre os partidarios da austeridade, encabezados pola Alemaña, e os partidarios do investimento, encabezados pola Franza. Cadaquen está ao que lle conven.

Na Union Europeia hai un dares e teres entre os partidarios da austeridade, encabezados pola Alemaña, e os partidarios do investimento, encabezados pola Franza. Cadaquen está ao que lle conven.  Alemaña quer colocar as suas exportacions por cima de todo porque os políticos alemans saben que sen iso non poderian garantir un nivel de vida decente e que diso depende que voten por eles. Franza quer sair como sexa do desastre político e económico no que está metida, e os políticos franceses saben que diso depende que eles sobrevivan.  E os países do norte non queren pagar o que ven como dispendio polos países do sur, e que estes ven como o que lles é debido.

O dares e teres resultou nun anuncio pola Comision Europeia da criacion dun fondo de investimento en infraestructura. O investimento será duns trescentos quince mil millons de euros e estará listo a meiados do 2015. A parte mais importante dese anuncio é o da criación dun fondo europeio de investimento estratéxico que contará cunha aportacion do Banco Europeio de Investimento de cinco mil millons de euros e o resto virá do investimento privado.

"Se o plan de investimento vai adiante, é doado imaxinar o resultado:  diñeiro a eito canalizado para proxectos grandiosos nalguns países, construccion de magníficas estradas que só utilizarán as elites sen que ninguen lles estorbe, e maior enriquecemento para as mafias e os políticos que as protexen".

Ese plan de investimento foi de grande importancia na campaña de Jean Claude Juncker para ser o novo presidente da Comision Europeia. Juncker confía agora en que sirva para sacalo do escándalo chamado ¨Luxeleaks¨ no que está metido desde que houbo fugas de informacion e se descobreu que, ao mesmo tempo que se forzaban políticas de austeridade e desemprego e se predicaba en contra dos paraísos fiscais, as grandes firmas comerciais usaban Luxemburgo para non pagar impostos, e que fora Juncker o que mais axudara a levar grandes firmas, particulares e políticos a ese paraíso fiscal do que ele foi Primeiro Ministro durante dezaoito anos. Todo iso sabíano moi ben os políticos da Union Europeia que o nomearon para que encabezase a Comision Europeia, seguramente por admiracion á ¨habilidade¨ política que demostraba.

Se o plan de investimento vai adiante, é doado imaxinar o resultado:  diñeiro a eito canalizado para proxectos grandiosos nalguns países, construccion de magníficas estradas que só utilizarán as elites sen que ninguen lles estorbe, e maior enriquecemento para as mafias e os políticos que as protexen.

Comentarios