Opinión

Demografía e patriarcado

Tiráselle importancia ao exceso de poboación no mundo e apreséntase como unha desgracia que diminúa en moitos países. Ainda que se saiba moi ben que o exceso de poboación só pode traer miseria física e de todo tipo e que non poderá haber traballo para todos, o que se está impondo é a norma patriarcal de que hai que reproducirse e traer ao mundo cantos mais fillos mellor sen pensar nas consecuencias.

"Na familia patriarcal os fillos tráense ao mundo para que cuiden dos pais e pertenzan ás autoridades familiares primeiro e logo ás outras; os pais fan abondo con lles dar a vida e non teñen que se responsabilizaren deles"

Na familia patriarcal, que é a cédula básica do patriarcado,  a obriga do patriarca é asentar estirpe e darlle continuidade, tarefa na que deberá axudarlle a muller, cuxa misión única na vida é a de axudar a reproducir a familia. Na familia patriarcal os fillos tráense ao mundo para que cuiden dos pais e pertenzan ás autoridades familiares primeiro e logo ás outras; os pais fan abondo con lles dar a vida e non teñen que se responsabilizaren deles. Isto funciona así en todas as sociedades porque todas son patriarcais, calqueira que sexa a relixión ou crencia filosófica que impere nelas.

"Ese padrón patriarcal da familia que debe reproducirse por cima de todo cálcase logo nas nacións"

Ese padrón patriarcal da familia que debe reproducirse por cima de todo cálcase logo nas nacións. Está ben visto que teñan mais ¨fillos¨ dos que poden atender e non se lles exixe que se responsabilicen deles e lles outorguen os direitos con que teria que nascer tudo home ou muller, como o de ter traballo e poderse gañar a vida e acadar independencia. Ese sobrante humano que fomenta o sistema é o que aproveitan as elites económicas e políticas para ter sempre escravos, man de obra desechábel e fácil de asustar, e xente que podan mandar ás guerras para que morran pola ¨familia¨.

A guerra psicolóxica contra todo o que poda atentar contra o padrón patriarcal que exixe a reproducción a eito fai que sega tan viva e fomentada como sempre a crencia en que a vida é un don do que temos que estar agradecidos e que os homes e as mulleres non se realizan como seres humanos se non viran pais e nais.

Comentarios