Opinión

As causas da emigracion

A emigracion non forzada pódese deber a moitas causas, desde a gana de ver o mundo até o impulso de fuxir de problemas personais ou de situacions familiares pouco gratas.


A emigracion non forzada pódese deber a moitas causas, desde a gana de ver o mundo até o impulso de fuxir de problemas personais ou de situacions familiares pouco gratas. Mas a emigracion forzada e en masa, sexa ao extranxeiro ou do campo á cidade, só ten unha causa: a falta de traballo e de oportunidades. Prodúcese inevitabelmente cando hai mais pesoas que postos de traballo. Por iso seria esencial entender que hai que criar traballo fomentando a industria e o transporte e que sen iso nengun país pode ir adiante, e aceitar tamen que nengunha nacion debera ter mais ¨fillos¨ dos que poda atender. 

"Ou se cré que os fillos son sempre unha bendizon ou se parte de que todo o mundo teria que nascer con direito ao traballo"

Traer ao mundo a pesoas que non van encontrar traballo é unha condea pior que a morte e unha grande inmoralidade. Velo así vai moi contra corrente da ideia que inseriu o patriarcado, coa axuda das igrexas, de que a vida é sempre algo que hai que agradecer, e que as nacions, que repiten as pautas da familia patriarcal, xa fan abondo con traer os fillos ao mundo e non teñen que se responsabilizaren deles nen da sociedade na que terán que viver. Esas pautas patriarcais estan tamben por debaixo do temor tan promovido a que diminúa a povoacion. Ou se cré que os fillos son sempre unha bendizon, que cantos mais mellor e que traen o pan baixo o brazo porque son un premio dos deuses, ou se parte de que todo o mundo teria que nascer con direito ao traballo e que a sociedade teria que estar organizada para que se cumpra ese direito.

Comentarios