Opinión

Austeridade e prosperidade na Union Europea

A rebelion contra a política de austeridade que forzou Alemaña está agora fortemente impulsada por Franza e Italia, que meio teñen a esperanza de se poderen librar con iso do desastre económico no que están mergulladas.

A rebelion contra a política de austeridade que forzou Alemaña está agora fortemente impulsada por Franza e Italia, que meio teñen a esperanza de se poderen librar con iso do desastre económico no que están mergulladas. A postura da Alemaña foi sempre contradictória: ao mesmo tempo que protesta e se escandaliza da prodigalidade e má administracion dalguns países e lles bota a culpa do desastre económico da eurozona, ela alentou o consumo descomedido neses países para colocar as suas exportacions. É case seguro que Alemaña terminará cedendo e permitindo que a austeridade sexa sustituida por unha política que fomente o crecimento económico, visto que a austeridade non está funcionando nen para ela.

"É case seguro que Alemaña terminará cedendo e permitindo que a austeridade sexa sustituida por unha política que fomente o crecimento económico, visto que a austeridade non está funcionando nen para ela".

Traerá ese cambio a situacion prospérrima que a Union Europea prometeu? Esa situacion na realidade nunca se conseguiu. O que houbo foi unha apariencia de prosperidade baseada en dar crédito con man furada e facer que todo o mundo se endividase mentras as elites se enriquecian coa axuda dos políticos.

Ao mesmo tempo que se estaba predicando e impondo o mercado libre no mundo inteiro e se obrigaba a que imperase a economía sobre a política, cando menos en teoria, na Union Europea  subordinouse todo a unha política de unificacion feroz sen nengun realismo económico. Negarse a ver que unha economia de ¨tamaño único¨ non podia funcionar acabou destruindo as economias dos países que a integran. O tratado de libre comercio cós Estados Unidos que agora se apresenta como último recurso para acadar a prosperidade prometida viraria definitivamente á Union Europea nunha empresa multinacional que traería riqueza para as elites e falta de liberdade e submision para os demais. Os Estados Unidos non quixeron entender que ese tipo de tratado poderia talvez dar bon resultado nunha Europa formada por distintas nacions, mas non nesa Europa metida nunha camisa de forza, antidemocrática e iliberal, que eles impulsaron a criar.

Comentarios