Opinión

Atraso, elites e patriarcado

O patriarcado é a principal causa de atraso na sociedade, por cuanto que é un sistema de elitismo e absolutismo que se inicia na familia patriarcal e se repite en todo o funcionamento do mundo, e o elitismo e o absolutismo non consinten o adiantamento.

O patriarcado é a principal causa de atraso na sociedade, por cuanto que é un sistema de elitismo e absolutismo que se inicia na familia patriarcal e se repite en todo o funcionamento do mundo, e o elitismo e o absolutismo non consinten o adiantamento.

"O patriarcado é a principal causa de atraso na sociedade, por cuanto que é un sistema de elitismo e absolutismo que se inicia na familia patriarcal e se repite en todo o funcionamento do mundo"

As sociedades e as nacions adiantan na medida en que os poderes se distribúen entre todos e cada persoa pode desenvolver o seu potencial e acadar independencia. Nunha sociedade atrasada todo son obstáculos e portas fechadas se non se é elite. Unha sociedade atrasada ten unhas elites ricas e poderosas que fan o que queren, e unha maioría que vive na impotencia, sabendo que non hai posibilidade nengunha de liberarse dos que mandan e tendo que buscar a protecion deles para sobreviver.

Unha sociedade onde hai escravos non pode adiantar, porque o talento e o potencial deses escravos pérdese. Nesa sociedade poderá haber diñeiro, pero ese diñeiro estará só en mans das elites, e esas elites temerán calquer posível cambio, polo que vivirán nunha posicion defensiva, ancoradas no pasado e sen permitir que nada evolucione.  Críase así unha situacion na que os escravizados non poden adiantar, as elites non queren facelo e todos viven no atraso.

"Cría presos e presas que non saben nen queren sair da cadeia porque teñen medo de todo o que non sexa ¨a familia¨"

O patriarcado asenta xa os padróns que levan ao subdesenvolvimento na familia patriarcal, coa superioridade nata do masculino e a inferioridade do feminino que impón desde o comezo da vida. Con iso usurpou os direitos das mulleres e as condenou ao atraso, e trouxo tamben o atraso dos homes. A familia patriarcal é tribal e impide que se potencie o valor de cada ser humano e que se pense no ben comun. Cría presos e presas que non saben nen queren sair da cadeia porque teñen medo de todo o que non sexa ¨a familia¨.

As elites nunca fixeron nada que trouxera adianto material e espiritual ao mundo.  Nunca inventaron nada nen criaron nada. Estan obsesionadas có diñeiro e o poder e nengunha outra cousa lles interesa. Elitismo, xerarquia imerecida e superioridade e inferioridade nata é o que sementa o patriarcado, e iso leva inexorávelmente á inercia e ao atraso.

Comentarios