Opinión

Alemaña, Grécia e a Union Europeia

Alemaña gosta de actuar partindo  de que non haberia problema se as outras nacions da Europa fosen traballadoras como ela, se administrasen ben e gastasen menos do que gastan. Quer facer ver que se Grécia se tivese administrado mellor, non estaria cós problemas que ten de falta de liquidez e de non poder pagar a dívida.


Alemaña gosta de actuar partindo de que non haberia problema se as outras nacions da Europa fosen traballadoras como ela, se administrasen ben e gastasen menos do que gastan. Quer facer ver que se Grécia se tivese administrado mellor, non estaria cós problemas que ten de falta de liquidez e de non poder pagar a dívida. Mas Alemaña foi a que mais se beneficiou do mercado amplo e cautivo que para ela foi a UE, e o que mais teme agora é que o mercado desapareza e non ter onde meter ese exceso de exportacion que lle permitiu viver ben todos estes anos. Se os alemans fosen tan bons administradores como pensan, debian se ter decatado de que dar crédito a un país como Grécia era arriscado demais. Sabíano, mas non lles importou, porque preferiron a gañancia codiciosa  e egoísta a actuar con prudencia e seguindo as normas da boa administracion.

"Alemaña ten pánico de que Grécia saia da UE e que outros países fagan igual, e quedar ela sen o mercado que tanto precisa e sen o cual a sua ¨boa administracion¨ non valeria de muito.". 

De quen foi a culpa de que muitos dos países da UE se endibidasen como o fixeron? Foi dos habitantes deses países aos que se lles ofereceu diñeiro fácil e se lles fixo crer que a UE traeria prosperidade eterna, e que se non aproveitaban o que se lles proporcionaba eran atrasados e non entendian a economia e o mundo no que estaban, ou os que contaron contos aos habitantes deses países e os enganaron para estabelecer unha timocracia?

Alemaña ten pánico de que Grécia saia da UE e que outros países fagan igual, e quedar ela sen o mercado que tanto precisa e sen o cual a sua ¨boa administracion¨ non valeria de muito. Os que nestes momentos non queren que Grécia receba facilidades son os governos que aplicaron a austeridade con entusiasmo e agora precisan que a Grécia lle vaia de mal a pior para que a xente teña medo do que poda vir se votan nas próximas eleicions por partidos de protesta e non polos de sempre. O mais probável é que, ainda que leve a fama Alemaña, sexan eles os que presionen para que Grécia teña que sair da UE. Como sempre, non é a economia o que conta na UE, senon a política.

Comentarios