Opinión

Os bonos

Esta é a campaña dos bonos. Todo o que é un desastre Feixoo amáñao con bonos. Que os centros de día están pechados aínda que podían ter aberto desde o 25 de maio? Como seguen pechados, sacan o bono de coidado extraordinario á dependencia. Unha medida que non garante a atención integral que precisan estas persoas. Que hai crise? Pois sacan un bono para a alimentación. Chámana tarxeta moedeiro e está destinada a mercar alimentos no supermercado. Unha idea que só pon de manifesto o modelo de atención obsoleto e con trazos de beneficencia que ten esta xente.

E a última ocorrencia: que teño os colectivos que traballaron arreo mosqueados porque están precarizados, baixo mínimos e saturados? Pois bono tamén! Claro que tanto o colectivo da enfermería como o da medicina e o do traballo social dixeron que non os quería. Alberto, hai veces que as contas saen furadas.

Comentarios