Opinión

O prestidixitador

A última década do PP de Núñez Feixoo foi un período perdido. El dixo estes días que está a favor dunha sanidade e unha educación pública de calidade pero, mentres di iso, por detrás, fai maxia e merma estes servizos para que as persoas se vexan forzadas ao privado.

Feixoo pon na súa propaganda "Galicia, Galicia, Galicia" pero, cun modelo educativo no que relegou o galego á mínima expresión, fai maxia e elimina os trazos propios e identitarios das e dos cidadáns galegos. Feixoo di que Galicia é moito pero por detrás move a variña máxica e ten un modelo forestal baseado no eucaliptal polo que Galicia (esa que é moito) arde verán tras verán.

Feixoo dixo que non se deixara a ninguén atrás na crise da Covid-19 pero maxia!, pulou por un modelo residencial privado en vez de por carteiras de servizos para poder manter ás persoas maiores no seu contorno. A ver se, mañá, se lle furase a chisteira.

Comentarios