Opinión

O modelo residencial

D urante esta campaña case toda a esquerda se afana en botarlle na cara a Feixoo os mortos nas residencias e, aínda que é importante, non teño claro que sexa moi produtivo porque el sempre vai respostar que desde Madrid avalaron a súa xestión. A esquerda debería centrarse máis na obsolescencia do modelo de servizos sociais para as persoas maiores. As carteiras de servizos do PP contemplan recursos que non están orzamentados, polo que non serven. Artellar un sistema sociosanitario é o único xeito de mudar a cronificación da enfermidade e o sistema de coidados.

As persoas evolucionan mellor no seu sistema de proximidade que os beneficia a nivel de saúde mental e física. Se o modelo fose distinto non habería que falar de tales cifras de mortandade nas residencias porque habería moitas máis persoas desenvolvendo a súa vida no seu domicilio. E iso é onde se debería centrar a proposta da esquerda: no cambio de modelo.

Comentarios