Opinión

Manexar a desescalada

Como o PP de Feixoo está a xestionar manifestamente mal o rebrote da Mariña xa se volven escoitar voces dun ámbito da esquerda de que non tiña que ser el quen manexase a desescalada. Pois ben, se cremos na eficiencia dos territorios e cremos nun marco descentralizado apelar ao contrario é un auténtico dislate. Cando un Goberno estatal toma medidas podemos cuestionar o criterio desas medidas pero non a lexitimidade dese Goberno.

De feito, son moi dubidosas todas as loas que desde Madrid lle chegaron a Feixoo. Cuestionar o autogoberno galego polas decisións que adopta un Goberno democraticamente electo é, no fondo, cuestionar o dereito a autogobernarse. Nun intre de avance da ultradereita é realmente perigoso afondar en marcos recentralizadores. E digo eu, se volve gañar Feixoo, cal vai ser o próximo marco delirante? Pedir un 155?

Comentarios