Opinión

Dictadores y narcos

Atacar as bases electorais é o mellor xeito de reforzalas nos seus valores e crenzas. Por iso o debate contra Feixoo debe darse arredor da figura e xestión del e non arredor de quen o vota. O outro día lin varios comentarios nunha noticia que vaticinaba a vitoria do PP galego. O que máis me chamou a atención foi un que dicía "qué se puede esperar de Galicia, tierra de dictadores y narcos" e isto seguro que o escribiu un progre de calquera concello do Estado Español onde Vox ten concelleiros.

É preciso aprender a respectar as opinións de quen non pensa coma ti (especialmente cando as súas ideas entran dentro do marco democrático) e centrar as críticas políticas nos responsables políticos, non na cidadanía. Dicir que a Feixoo só o votan vellos e que a ver se morresen só serve para que o propio Feixoo colleite aínda máis sufraxios. Critiquemos o presidente, non as persoas que  o votan.

Comentarios