Opinión

A presidenta

Aalternativa a Feijóo no debate da TVG foi Ana Pontón. Cun discurso claro e contundente que conseguiu, por momentos, desestabilizar a Feijóo. Caballero apelou a ese votante de Sánchez nas estatais pero, Gonzalo, o conto non funciona así. Xa o dixo ben claro Feijóo, que precisa o 10% do electorado socialista e por iso esa campaña moderada, centrada, de home de Estado. Só tivo para min un fallo Pontón, que foi o de meter no mesmo saco a dereita estatal e a esquerda porque, de perder o PP, terá que gobernar con eles. Niso estivo atinado Gómez Reino, que tendeu a man varias veces ao PSdeG e ao BNG. Como dicía, quen retou a Feijóo foi Pontón cunha impecable estrutura de diagnose, crítica e proposta. Estivo hábil non entrándolle a Vox nin a Cs nas súas provocacións chovinistas. Ese discurso situouna como rival directa do popular e, desde logo, se a alguén lle pode beneficiar no resultado final este debate, é a ela

Comentarios