Opinión

A Mariña

A oposición dixo ata fartar que non era o momento de facer as eleccións. Ben é verdade que non foron capaces de ofrecer un plan alternativo, que era o seu. Porén, o que se está a ver é que os seus temores tiñan fundamento. A proximidade dos comicios galegos cun rebrote da Covid-19 na Mariña e a comarca confinada ofrece diversas preguntas que, os mal chamados bos xestores do PP deberían responder. Son democráticas unhas eleccións en que as persoas, especialmente os grupos de risco, van ir votar con medo ou, directamente, non van ir? Como pode ser que non se habilite un sistema polo cal as persoas que non poden saír do domicilio pola enfermidade poidan votar? Por que teñen que ir as persoas que conforman as mesas a expor a súa saúde? O PP galego funciona a base de improvisación e falta de consideración pola saúde das galegas e dos galegos. O que non sei é por que a oposición non fai unha petición conxunta de adiamento das eleccións. A grave situación ben o merece. 

Comentarios