Opinión

Junts e ERC

O actual movemento independentista catalán procede de diferentes espazos. Junts procede da antiga Convergència i Unió (CiU) e incluso da antiga organización pacifista CRIDA, de onde é orixinario o propio Puigdemont.

ERC é un partido consolidado no tempo e fundado por Francesc Maciá, militar español que se incorporou ao independentismo catalán. Neste partido convive a militancia clásica e outros que antes formaron parte do PSAN e de Terra Lliure, Xavier Vendrell entre outros.

As diferencias tácticas entre as organizacións independentistas remítense a moito tempo atrás. No 1968 escindiuse da Front Nacional de Catalunya (FNC) un grupo de xente que fundou o Partit Socialiste d´Alliberament Nacional (PSAN). Este grupo converteuse nun partido marxista-lenista. Anos despois produceuse unha nova escisión do PSAN que fundou “Independentistas dels Països Cataláns” (IPC).

Así, podemos ver claramente como o independentismo está dividido dende hai anos. Comento isto cos meus compañeiros e sempre lles digo que actualmente ERC ten táctica e mais estratexia, mentres que Junts penso que só ten estratexia.

A táctica veñen a ser os pasos que hai que dar para chegar a estratexia, neste caso a independencia. Están a aparecer xuíces que poñen moitos impedimentos a que Puigdemont poida voltar a Catalunya para reincorporarse as súas actividades políticas. Haberá que seguir na loita para conseguir a plena amnistía de todos os implicados no 'procés'.

Comentarios