Opinión

Fundación Sotelo Blanco

Olegario Sotelo Blanco marchou á emigración moi novo. Chegou a Barcelona a comenzos dos anos 60 e alí tivo varias empresas de construcción. Paralelamente á súa actividade empresarial fixo unha importante labor coma mecenas de todo tipo de actividades culturais. A súa vida estivo sempre comprometida coa Galiza. Foi este compromiso con Galiza o que o levou a impulsar o Primeiro Congreso Internacional da Emigración e Mundo Rural Galego ou a presidir o Centro Galego de Barcelona. Neste Centro foi donde tiven a honra de coñecelo cando organizaba uns debates sobre a emigración nos que eran habituais colaboradores Sotelo Blanco e Basilio Losada.

Publica no 1990 a revista de pensamento crítico “A Trabe de Ouro” que dirixe Méndez Ferrín.

Como curiosidade dicir que  nun dos seus números editado xa fai anos publicáronse os documentos fundacionais da Fronte Popular Galega. É autor de varios libros, “A emigración galega en Catalunya”, “Contos de indianos”, “El viaje de la vida” e “ A voz dos emigrantes” entrevistas feitas a emigrantes galegos por todo o mundo, nos que sempre se interesou polo rural galego e a problemática social derivada da emigración. Fundou en Barcelona a editorial “Ronsel” que edita libros en castelán.

No 1993 creou a Fundación Sotelo Blanco na que se expoñen obras de arte, organizan Xornadas de Irmandade con asociacións culturais e copatrocina actividades de investigación para recuperar a memoria galega a través do museo de antropoloxía.

Ten na sede de súa Fundación un centro antropolóxico que vai a ser trasladado a Castro Caldelas na Ribeira Sacra, froito de un convenio asinado coa Deputación de Ourense. Segundo me informou o propio Sotelo Blanco pretenden facer un Centro de Interpretación da propia Ribeira Sacra. Tamén posúe en Castro Caldelas o Muiño do Laberco restaurado pola propia Fundación e en funcionamento , resaltando a importancia que tiveron os muiños na economía da zona (dos 26 muiños que existían só quedan 6).

A combinación na Fundación dos temas antropolóxicos, museo e a edición da revista A Trabe de Ouro vén facer un gran traballo cultural para a Galiza.

Precisamos de máis mecenas culturais coma Sotelo Blanco para contribuír  a divulgación da cultura galega do rural e a participación do movemento asociativo da emigración.   

Comentarios