Opinión

De sistema e antisistema

Sistema: “Teoría xeral en que se agrupa unha serie de principios e ideas que pretenden explicar unha materia determinada e as leis por que se rexe”. 

Sistema: “Teoría xeral en que se agrupa unha serie de principios e ideas que pretenden explicar unha materia determinada e as leis por que se rexe”. Tamé busquei Antisistema pero non aparece; no canto sí aparece no da Real Academia Española: “Contrario al sistema social o político establecido”

"Convencerá o sistema os Marianos, Sorayas, Rodrigos... mesmo seguramente ós Pedros Sanchez ou ás Rosas Diaz...¡Pero polo demais..."

Creo que o sistema, tal e como está establecido, non nos convence a unha gran maioria  de cidadáns do Estado Español (e non só en Catalunya) pois que, as veces mais silenciosamente e as veces mais sonoramente, manifestamos unha disconformidade evidente ca orde política e social establecida e cas suas consecuencias a través de accións ou reivindicacións que tratan de mudar o statu quo. Sí, seguramente, convencerá o sistema os Marianos, Sorayas, Rodrigos... mesmo seguramente ós Pedros Sanchez ou ás Rosas Diaz...¡Pero polo demais...!!! A xente ca que eu me topo, incluidos votantes vergonzantes ou declarados do PP, manifestan disconformidade

Están disconformes co paro; ca Reforma Laboral; cos recortes en sanidade, servizos sociais, educación; ca miseria dos nenos e dos adultos; cos desafiuzamentos; co roubo das preferentes; co rescate da banca que nos sae a todos do peto; cas tarxetas negras ou mesmo cas blancas...
Están disconformes en xeral

"EU SON ANTISISTEMA! ¡Vaia! Como o  99,9% da xente ca que trato a diario e cuxo abano de idade vai dos 15 ós 80 anos"

Eu tamén estou disconforme con todo eso. Mais digo: estou disconforme co capitalismo abafante; co sistema patriarcal que nos oprime; ca monarquia; ca democracia burguesa que quere limitar a nosa manifestación da disconformidade a que cada catro anos metamos pacificamente unha boleta nunha furna  -¡e que esa boleta recolla unha opción de orde, por favor!-  para poder falar da “festa da democracia” ¡jesús!

Mesmo ca constitución de 1978 á que daquela dixen “NON” por española e colonial e a dia de hoxe podo engadirlle moitos outros epítetos

Logo... ¡EU SON ANTISISTEMA! ¡Vaia! Como o  99,9% da xente ca que trato a diario e cuxo abano de idade vai dos 15 ós 80 anos. E se todos somos antisistema...¿Non seria cousa lóxica mudar o sistema?

Comentarios