Opinión

Que país, que paisaxe... e sobre todo ¡Que paisanaxe!!!

A min, dende que era moi nova e mais inxenua ainda do que son ahora, sempre me contaron que, neste pais, no meu pais, no pais que acaba no Padornelo, habia duas coordenadas políticas a considerar e que nos debian identificar: a coordenada esquerda-dereita e a coordenada nacionalismo-españolismo. Esto era así  por causa de ser nós un pais colonizado. 

A min, dende que era moi nova e mais inxenua ainda do que son ahora, sempre me contaron que, neste pais, no meu pais, no pais que acaba no Padornelo, habia duas coordenadas políticas a considerar e que nos debian identificar: a coordenada esquerda-dereita e a coordenada nacionalismo-españolismo. Esto era así  por causa de ser nós un pais colonizado. Teorizabao, entre outros, o compañeiro Beiras e a min valeume e non vin nunca outra opción: habia que loitar por ser cidadans libres nun pais liberado; consecuentemente non se podia chegar ó socialismo nun pais oprimido por outro. Por eso e para eso, e para  sumar forzas o antigo BN-PG abandonou os ferreos postulados  fixados nas Bases Constitucionais da Nazon Galega, e constituiuse o BNG no congreso de Riazor. Este congregaba ós sectores obxectivamente interesados en liberar este pais que podian convivir en aras  da liberacion nacional (primeiro  e imprescindible paso a dar) inda que os distintos posicionamentos ideolóxicos causaran algúns roces .

"Chegado un ponto do avance social era imposible que compartiran a mesma forza política   xentes de centro moderado con xentes de filiación comunista. Pensaba eu, na miña inxenuidade"

Casi trinta anos despois,  e logo de subir e baixar en respaldo social e electoral, de tecer unha alternativa que mesmo chegou a unha certa “experiencia de goberno” resolveuse que as diferencias eran moitas e,  aparentemente polo menos, insalvables polo que, no congreso de Amio, o BNG rompeu: O Proxecto Comun amalgamara na mesma forza política, “sensibilidades”  demasiado dispares sobre todo  a respeito do sustrato puramente ideolóxico dereita – esquerda

Tiña que ser. Chegado un ponto do avance social era imposible que compartiran a mesma forza política   xentes de centro moderado con xentes de filiación comunista. Pensaba eu, na miña inxenuidade, que cada unha das forzas resultantes se organizarian por sí dando alternativas ideolóxicas inda que salvando sempre o posicionamento nacional que, a min, me parecia que era inamovible. Mesmo en situacións determinadas  -como por exemplo un proceso electora-  poderian manter unha coalicción  en ben do interés do pais.

"Resulta que hai quen leva algún tempo xa no esforzo de colocar á esquerda española no panorama político galego do cal saira fai xa moito tempo".

¡Pois non!

Mentras en Catalunya ou Euskadi están defendendo o dereito á autodeterminación ou, xa sin remilgos, directamente  á independencia fronte ó españolismo, na Galiza estase en outra labor: resulta que hai quen leva algún tempo xa no esforzo de colocar á esquerda española  (antes denominada españolista, e ahora federalista) no panorama político galego do cal saira fai xa moito tempo. Eu non topo outra explicación: O que non lograra Geluco (q.e.p.d.) conseguiuno A Nova nas pasadas autonómicas e parece que sigue empeñada en refrendalo nas Europeas.

¡Pois moi ben....!

"O que non lograra Geluco (q.e.p.d.) conseguiuno A Nova nas pasadas autonómicas e parece que sigue empeñada en refrendalo nas Europeas".​

Unha cousa si teño moi clara: nunca votarei a unha alternativa españolista, mais que agora lle digan federalista que mo prohibe a miña relixión.

Xa para rematar unha anécdota e unha reflexión. A anécdota: Hai moito tempo, X. Manuel Beiras preguntoulle, no Parlamento Galego, a Fernando I Gonzalez Laxe cando viña de ser presidente da Xunta “¿E tí agora que vas facer?” Eu, a dia de hoxe preguntolles ós Palleiros, Tobas, Marios ou Trigos ¿”E vos agora que ides facer?”

A reflexión: E que xa estou moi maior, porque senon exiliome

Comentarios