Opinión

"Meu pai non é un defraudador"

Chámome Rosa e son filla dun emigrante retornado.  Ata que cumplín 12 anos de meu pai recordo cando chegaba e cando marchaba. 17 temporadas indo e vindo, mentres miña nai facía país, viuva de vivo.

Despois veu, buscou un traballo pouco cualificado e mal pagado e tratou de recuperar un pouco a súa vida coa economía básica solucionada. Os anos da emigración deixaronlle en total un piso nunha vila pequena.

Chámome Rosa e son filla dun emigrante retornado.  Ata que cumplín 12 anos de meu pai recordo cando chegaba e cando marchaba. 17 temporadas indo e vindo, mentres miña nai facía país, viuva de vivo.

Despois veu, buscou un traballo pouco cualificado e mal pagado e tratou de recuperar un pouco a súa vida coa economía básica solucionada. Os anos da emigración deixaronlle en total un piso nunha vila pequena.

"Cando lle chegaron as cartas de facenda reclamándolle a declaración complementaria dende o ano 2008, dixo ·”Fillos hai que facela”,e pagou e non dixo máis nada".

Meu pai ten 76 anos. 76 anos adaptándose primeiro a dictadura  e a necesidade, despois adaptándose a un país e a una cultura diferentes. Volveu para seguir adaptándose á vida. Non protesta por nada, se lle din fai, fai e senon queda quieto, fillo dun rexime dictatorial.

Por eso cando lle chegaron as cartas de facenda reclamándolle a declaración complementaria dende o ano 2008, dixo ·”Fillos hai que facela”,e pagou e non dixo máis nada.

E o outro día cando lle chegou a sanción dixo “fillos chegaron outras cartas, hai que miralas…”, e a min enchéronseme os ollos de bágoas e pensei…Non se vai cansar nunca?

Cobra uns 1300 euros unindo as dúas pensións , e vive ben. Aforra se pode algo cada mes “porque nunca se sabe filla…”.

Meu pai fixo sempre a declaración da renda en facenda, onde un funcionario público, lle requería a documentación necesaria, e NUNCA, NUNCA se lle dixo que tiña que declarar as rendas do extranxeiro. Eu sei que o descoñecemento da lei non te exime de cumplila, pero tamén sei cal é o deber de información da administración pública.

"E o outro día cando lle chegou a sanción dixo “fillos chegaron outras cartas, hai que miralas…”, e a min enchéronseme os ollos de bágoas e pensei…Non se vai cansar nunca?"

O luns 4, un grupo de plataformas constituidas por emigrantes retornados, foron recibidas polos diferentes grupos parlamentarios, e cando se lle preguntou sobre a responsabilidade da administración na mala información outorgada, unha parlamentaria díxo:”non tedes razón legal”. E digo eu…non vai sendo hora de darlle a razón moral???? 

Meu pai non é un defraudador…se o pensó  nin coñece ben o significado da palabra defraudar, meu pai sabe de traballar, e de ir cumprindo as normas, e tamén sabe de calar. Pero eu non, que para eso calou el, para que eu falase e esixa a razón moral. E a razón moral di que non se pode penalizar da mesma maneira a quen rouba que a quen traballa, a quen agocha os seus cartos en paraísos fiscais que a quen ten unha conta de aforros con 4 duros, a quen engana que a quen descoñece.  Non se pode decretar unha amnistía fiscal para os saqueadores deste país e facerlle pagar as consecuencias a unha clase traballadora longamente vapuleada.

Que se non se cansa meu pai, cánsome eu."

Comentarios