Opinión

Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma...e do BNG


Son muller, de aldea, traballadora pública, galegofalante e amante da miña cultura, sin que ningun deste conceptos prevaleza sobre o anterior.

Se reviso as políticas da Xunta de Galiza dos últimos 8 anos, non me recoñezo.

Non existen políticas activas na defensa da igualdade e protección das mulleres, máis ca aquelas que se plasman nun papel e non se dotan de presupostos.

Non existen proxectos dinamizadores do rural galego, antes ben hai un franco abandono do mesmo, que conduce a catástrofes tales como a recente oleada de incendios. Di Feijoo que na lexislatura 2016-2020 vai poñer en funcionamento a despensa de Galiza…tarde piaches, amigo, o funcionamento do rural galego negociouse fóra de Galiza e agora vai levar algo máis de tempo poñela en funcionamento, vai ser necesario coñecer o país e as súas necesidades sobre o terreo, non sobre o papel.

Di Feijoo que na lexislatura 2016-2020 vai poñer en funcionamento a despensa de Galiza…tarde piaches. amigo

Non existe intención por parte das institucións da comunidade de poñer en valor un dos seus maiores potenciais, os recursos humanos. Antes ben, a súa política caciquista pagando votos con postos públicos, réstanos respeto e credibilidade a aqueles que por méritos propios,  nos poñemos ao dispor dos cidadáns cada día.

Non existe unha política lingüística digna, senón un claro  paso atrás no estatus da mesma fomentado dende a Xunta de Galiza co Decreto do Plurilingüismo.

Cómpre recordar unha lei básica, de mínimos, o tan aclamado Estatuto de Autonomía:

1.A lingua propia de Galiza é o galego.
3.Os poderes públicos de Galiza garanten o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán a utilización do galego en tódolos ordes da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

A esta Xunta de Galiza, o Estatuto, xa lle parece un acordo de máximos.

Non existe a intención institucional de potenciar o feito diferencial galego, nin na escola, nin na administración

Non existe a intención institucional de potenciar o feito diferencial galego, nin na escola, nin na administración se desenvolven actividades que contribúan a poñer en valor a nosa cultura, senón máis ben a diluila na universalidade.

Ademais da cultura gastronómica, taaaan explotaada, temos  unha extensa cultura musical e literaria, un sector textil en auxe, unha universidade de calidade temos en fin unha cultura propia, un país.

Son muller, de aldea, traballadora pública, galegofalante e amante da miña cultura, pero se fose home, de cidade, traballador por conta allea ou autónomo e galegofalante, notaría o mesmo desamparo por parte daqueles que deben velar polos meus intereses.

Por todo esto, e para aqueles que lean esto  e ata hoxe non estiveron moi cerca do nazonalismo, non é unha elección, é unha necesidade. 

A rebelión en Galiza, é certamente, confiar en nós, votar BNG. Se na estela de Castelao queremos seguir sendo galegos, precisamos recuperar cando menos, o idioma.

Comentarios