Opinión

Por un pacto no Lugo-Dépor

Antes de nada, agradecer as dúas afeccións un dos mellores momentos da miña vida nun campo de fútbol.

                                             

Antes de nada, agradecer as dúas afeccións un dos mellores momentos da miña vida nun campo de fútbol. Antes do partido da 1ª volta, tiven a iniciativa de que durante o partido Dépor -Lugo se berrara Nunca Máis. O resultado final do traballo de mobilización de tanta xente, serviu para demostrar, unha vez máis, a dignidade do Pobo galego.

Xa que o Dépor teno feito, estaría ben que o Lugo gañase este partido

Noraboa ao Deportivo polo ascenso. Nunha 2º división onde semella que ninguén quere ascender, o Dépor necesítao e ese é o factor fundamental para entender a volta do Deportivo ao lugar que lle corresponde. Tamén quería destacar e darlle os meus parabéns a Fernando Vázquez porque está a levar unha das maiores campañas de normalización do galego na Coruña. Cidade que tivo outro Vázquez de Alcalde que a concebía como unha cidade-estado independente de Galiza e agora, levará a bandeira galega na camisola do equipo polo que é coñecida en boa parte do mundo.

Xa que o Dépor teno feito, estaría ben que o Lugo gañase este partido.
Os lucenses poñemos os pinchos e as tapas que vos servirán coas consumicións. Se ascendemos, feito que para nós sería tan histórico como foi a mítica liga do Dépor, repetimos convite para o ano que vén.

Desexo que o partido do domingo sexa unha mostra máis da relación familiar que une Coruña e Lugo desde que César a fundou para ser o porto de Lugo.

Comentarios