Opinión

Lugo: teméndolle ao medo

Na toma de posesión de Franklin Delano Roosvelt en plena gran depresión

Na toma de posesión de Franklin Delano Roosvelt en plena gran depresión, dixo unha frase chave para entender o momento no que se atopan moitos afeccionados do Lugo que non paran de mirar para abaixo e moito cidadán que se ve atrapado na dura situación económica que estamos a vivir:

"O único que debemos temer é o medo."

A frase é orixinaria do filósofo romano Epicteto, pero xa se sabe que a historia escríbena os vencedores e Franklin Delano Roosvelt, posiblemente o mellor presidente da historia dos EE UU, foi un vencedor da 2 Guerra Mundial e Epicteto foi un filósofo e, polo tanto, un perdedor.

Despois do apuntamento histórico que está detrás de toda discusión de bar sobre fútbol (na que sempre hai un que di -acostúmase chamar Miguel, Lucas ou Juan- que o importante é gañar e outros que somos uns gilipollas que queremos perder coma o Barça de Cruyff e Gualdiola, a histórica selección brasileira e tantos outros equipos perdedores).

Vamos co Lugo, o máis importante das cousas menos importante da cidade amurallada, a esencia do fútbol de posesión explicada por Guardiola é algo tan simple coma isto: o porteiro pásallo ao defensa, o defensa ao medio, o medio ao dianteiro. Sendo tolerante co paso atrás se non hai mellor opción de profundizar.

O Lugo é o máis importante das cousas menos importante da cidade amurallada

Na cabeza de Quique Setién tamén funciona así o fútbol pero no campo, o Lugo está tendo moitos problemas nas primeiras partes para sacar o balón xogado, os rivais están presionando moi arriba e os centrais e un medio facendo liña de 3 (emulando a saída de balón do México de Lavolpe que inspirou a Guardiola e que lle copiaron tantos equipos ,Madrid de Mourinho incluído) non conseguen superar a liña de presión do equipo rival e, co medo de perder o balón na fase de construcción, balón longo e a confiar noutro chimpo de Iván Pérez que sirva para gañar outro balón por arriba ou que o mago Renella convirta un melón nun balón, gañar o balón dividido e tentar ter o balón a partir dese momento ou que os afeccioados do Lugo parezamos ingleses que só ven a posibilidade de marcar nun balón parado, como aconteceu nas dúas últimas xornadas.

A partir do gol contra o Castilla e na 2ª parte contra o Córdoba, o Lugo semella dar síntomas de voltar estar cómodo sobre o campo, de ter ese punto de confianza necesario para superar liñas dos rivais co balón controlado e así os afeccionados desfrutaremos máis do momento na 3ª tempada do equipo na segunda división e lembraremos esta historia, porque como cantaban a xeración de meus pais:

Venceremos Nós!!

Comentarios