Opinión

Lugo: unha guía para pesimistas

Estou convencido de que o Lugo vaise salvar, vai facer un bo partido e disfrutaremos, unha vez máis, no Anxo Carro.

Estou convencido de que o Lugo vaise salvar, vai facer un bo partido e disfrutaremos, unha vez máis, no Anxo Carro. Mais como en Lugo temos ben arraigado o fatalismo, saín onte a comprar unha calculadora e estaban esgotadas.

As contas que nos levarían pro Burato son as seguintes: nós perdemos e o resto gañan ou a Ponferradina empata (asumindo que o fan o Jaén ou o Alavés que xogan entre eles). Tendo en conta que o resto dos partidos dos nosos rivais directos son fóra da casa e contra equipos que se xogan a súa clasificación para a promoción de ascenso xa sería coincidencia pero.... vamos coas combinacións.

Empate a puntos co Alavés /Girona

Triple empate con:

Girona e Alavés /Jaén
Girona e Mallorca

Cuádruple empate con:

Girona, Alavés e Ponferradina
Girona, Alavés e  Mallorca
Girona, Mallorca e Jaén

Conclusión:

Hai que centrarse no partido para non tolear coas contas.

Comentarios