Opinión

O Lugo e o arco da vella

En Lugo saíu o arco da vella durante o partido do "nabo mecánico".

En Lugo saíu o arco da vella durante o partido do "nabo mecánico" , foi o arco da vella o que iluminou a mente dos xogadores para chegar o destino desexado de marcar dous goles nun mesmo partido. Algo que non viamos desde fai 6 meses no Anxo Carro. O arco da vella foi a nosa estrela polar que levou aos nosos reis xunto a nena victoria.

Esa intervención miragreira só lle pasa a un clube único como é o CD Lugo, o único clube do mundo que paga a pena pagar a entrada por ver o médico ir atender aos xogadores.

Xa dicía Camus que "todo canto sei con maior certeza sobre a vida e as obrigacións do home, débollo ao fútbol"

Cando vin a alineación que nos ía enfrontar contra o 3ª clasificado, pensei que ía fallar a miña regra de tres que, vén a dicir:

se xogamos contra os de arriba puntuamos
se xogamos contra os de abaixo perdemos
e se xogamos contra os últimos, imos aviados

Pero o Lugo voltounos ensinar outra regra moral, xa dicía Camus que "todo canto sei con maior certeza sobre a vida e as obrigacións do home, débollo ao fútbol".

Cando un ten confianza na súa identidade, un sempre sabe onde ir, ollas para as túas orixes e a túa brúxula sempre escolle o camiño. O que non podes é dubidar, no fútbol e na vida un ten que ter claro a súa andaina e facer camiño ao andar, que diría Machado.

E o Lugo segue así, pase a pase subindo a escaleira que nos permite soñar con outra tempada máis na división de prata do fútbol profesional, aínda que postos a soñar e por pechar o artigo por onde comecei, deixádeme soñar que os nosos reis vannos traer un balón de ouro o ano que vén pra Lugo.

Comentarios