Opinión

Lugo, acorda!!!!

Cando vivín en Brasil, fíxome graza o significado da palabra acordar no galego do Brasil

                                          

Cando vivín en Brasil, fíxome graza o significado da palabra acordar no galego do Brasil, sinónimo de espertar. Tanto no galego de Brasil coma no portugués que falamos nós, o significado da palabra acordar pódese aplicar para o Lugo.

Un ten a sensación de que o Lugo foise deitar despois do partido contra o Dépor, será mellor que esperte canto antes porque aínda estamos a tempo de pasar un pesadelo que non merecemos e para espertar ten que acordarse da intensidade que tiña cando sentía que estaba competindo. Son eses detalles os que marcan as diferenzas no fútbol de elite e onte o Lugo tivo varios xestos preocupantes (pasividade en defensa, xogadores que saen andando cando se vai perdendo, perdida de balóns divididos...).

Un ten a sensación de que o Lugo foise deitar despois do partido contra o Dépor
 

Voltouse a cumprir a miña rima, esa que di:

se xogamos contra os de arriba puntuamos
se xogamos contra os de abaixo perdemos
e se xogamos contra os últimos, imos aviados


De todos os xeitos, eu estou relativamente tranquilo porque o Lugo cando sentiu necesidade de sacar os partidos adiante, sempre os sacou os partidos adiante, demostrará unha vez máis, que este ano foi unha pena non ter loitado por obxetivos máis altos que os que marcan o noso orzamento e o número de afeccioados que baixamos ao "Anxo Carro".

Comentarios