Opinión

Of trash and Men

Os acontecementos de Gamonal en Burgos permitíronos volver oír nos telexornais,  na radio e ler en prensa escrita aos xornalistas falar dos "violentos" que parece ser se mesturaron xunto con outros manifestantes, e que con forza exerceron a súa, oh, tan exaxerada e dolorosa violencia sobre cubos de lixo, outros contedores e máis obxectos da paisaxe urbana. Non é a primeira, e coido que non será a derradeira vez que este tipo de vocabulario se emprega para describir a aqueles que, dentro da multitude dos manifestantes expresan a súa raiba ou cabreo, pasando do berro ao estrago de diferentes obxectos que atopan polas rúas. 

Os acontecementos de Gamonal en Burgos permitíronos volver oír nos telexornais,  na radio e ler en prensa escrita aos xornalistas falar dos "violentos" que parece ser se mesturaron xunto con outros manifestantes, e que con forza exerceron a súa, oh, tan exaxerada e dolorosa violencia sobre cubos de lixo, outros contedores e máis obxectos da paisaxe urbana. Non é a primeira, e coido que non será a derradeira vez que este tipo de vocabulario se emprega para describir a aqueles que, dentro da multitude dos manifestantes expresan a súa raiba ou cabreo, pasando do berro ao estrago de diferentes obxectos que atopan polas rúas. 

Se descontextualizamos os feitos ben podemos falar dunha actitude "violenta" ou "agresiva", mais o suxeitos de esa violencia, esa agresividade non deixan de ser cubos de lixo, contedores, vidro etc. Seguindo o razoamento de quen elixe empregar o termo "violentos" para describir a estas persoas, e vendo o ton e a expresión facial que se debuxa nos seus rostros ao facelo, deben tamén considerar loxicamente "vítima" o cubo de lixo, o contedor e o escaparate da sucursal bancaria. 

"Seguindo o razoamento de quen elixe empregar o termo "violentos" para describir a estas persoas, e vendo o ton e a expresión facial que se debuxa nos seus rostros ao facelo, deben tamén considerar loxicamente "vítima" o cubo de lixo, o contedor e o escaparate da sucursal bancaria". 

Unhas vítimas polo tanto meritorias da nosa empatía e compaixón. 

Se cadra debería haber unha asociación, un partido político, porque non unha nova Declaración Universal de Dereitos dos Obxectos, que os protexa, e lles garanta dereitos para non ser atacados indiscriminadamente por violentos que os poden ata romper en pequenos anacos, e que ademais queden estas accións impunes. Intolerable.

Convoquemos unha manifestación a prol de todos eses marabillosos xerros de porcelana para  flores que violentamente quedan reducidos a po e follas mortas, cando a persoa despois de coñecer que foi enganada polo seu amante, chega ao seu niño de amor e os rompe e mil anacos. Xuntémonos nunha solemne marcha en solidariedade con todos eses teléfonos móbeis e outros teclados que se estampan contra a parede logo da exasperación de ver que o dispositivo non responde. Lexislemos para que o artista deixe de tirar ao lixo impunemente os seus debuxos que non considera suficientemente bos como para ser vistos. Quen son eles para decidir sobre o destino de todos eses obxectos. Que se creron, Deus?

É que, pobres, pobres obxectos, como os tratamos!

Ben poderíamos chegar a todos estes límites, mais non. Sabemos que unha barreira separa aquilo que está vivo e aquilo que non o está. Ata separamos o lixo que pertence á categoría de materia inerte de aquel que aínda estando xa morto, foi un día un ser vivo. Sabemos que todos eses obxectos carecen da capacidade de sentir.

Incluso no lado dos vivos, dos que sentimos, separamos entre vexetais e animais, e finalmente entre persoas e a resta de animais que, por certo, tampouco benefician da mesma compaixón por parte de estes profesionais da información cando son maltratados polo espectáculo, a risa e o peto dalgúns. Aquí tampouco se fala nunca de violentos. Na xerarquía das vítimas, está tamén neste caso o cubo de lixo e o anaco de plástico por riba dos animais.

Creo que é doado observar isto, que é sorprendente e que non ten ningunha lóxica. Todos o entendemos, menos esta categoría de xornalistas que por algún motivo que (evidentemente non) se me escapa conseguen amosar máis empatía polo sufrimento de obxectos, que polo dos seres vivos.

"Non os vexo chamarlles violentos con ese odio e esa convicción cando falan de esas persoas que fan sufrir a outras obrigándoas a asumir unha semi-escravitude de salarios mínimos por debaixo do umbral da pobreza". 

E é que nunca de momento oín a todas estas honorables persoas das que estou a falar, lles lin e tampouco escoitei falar dos violentos cando mencionan a aqueles que tendo o poder para evitalo, deixan que se expulse das súas casas a persoas, (si, de esas que si senten e padecen). Non os oio empregar os mesmos adxectivos cando se refiren a aqueles que permiten que persoas vivas con capacidade de sentir a doenza e sufrir a mesma dor ca eles, non dispoñan dunha cobertura enerxética en inverno ou unha protección sanitaria se non teñen unha tarxetiña que acredita que pertencen a este anaco da humanidade. Non os vexo chamarlles violentos con ese odio e esa convicción cando falan de esas persoas que fan sufrir a outras obrigándoas a asumir unha semi-escravitude de salarios mínimos por debaixo do umbral da pobreza. 

Ben pois non, para estes queridos xornalistas, os violentos non son estes, son os que rompen un contedor, un cubo de lixo, un anaco de vidro do caixeiro da Banesto da esquina.

O lector igual ca min estará pois a pensar hipóteses que nos aporten unha explicación razoable a que isto ocorra. Probablemente cheguemos ás mesmas; que isto so pode ser por dous motivos: ou ben o xornalista que sinte máis compaixón por un contedor e un anaco de vidro ten información privilexiada sobre a natureza de estes obxectos que en realidade serian seres vivos, ou ben estes señores e señoras son – as aparencias enganan moito, xa ven - cubos de desfeitos, contedores cheos de lixo e sobre todo, escaparates de bancos, e polo tanto é lóxico que se solidaricen cos seus semellantes, os que son da súa mesma especie.

Deixo a criterio do lector elixir cal é a máis verosímil. 

Comentarios