Opinión

Oito diálogos vascos

Interior. Día. Unha cafetería normal, de café con leite e tapa de tortilla. Clientela variada.

Interior. Día. Unha cafetería normal, de café con leite e tapa de tortilla. Clientela variada. Domingo pola mañá. Intenso tráfico de xornais, onde seguen coa turra da “modélica Transición”. Todo moi rutineiro. Coinciden dúas persoas semi-coñecidas, que manteñen unha rápida conversa na barra. Ambas, por separado, foron ao cinema a noite anterior. Ao que fala castelán encantoulle a mesma película que ao outro -que se expresa en galego- lle pareceu mediocre, moi afastada do notable programa televisivo que disque a inspirou. A continuación, oito posibilidades.


1)-Solo desde el fanatismo nacionalista y el odio irracional se pueden explicar las críticas de algunos abertzales contra 'Ocho Apellidos Vascos' porque hace chistes sobre Euskadi”.
-“Nun episodio recente dos Simpsons fan brincadeiras sobre España como un paraíso da corrupción”.
-“Y no tiene ninguna gracia. Es un ataque intolerable a la Marca España. El Gobierno debería intervenir, como hizo cuando lo de los guiñoles sobre Nadal”.

2)-“Que en 'Ocho Apellidos Vascos' se hagan chistes sobre los batasunos demuestra que ya se ha entrado en una etapa de normalidad”.
-Parece que si, por iso se entende aínda menos que a dereita manteña no cárcere a xente só por facer política ou insista nas normas de excepción.
-“España debe utilizar toda su fuerza para aplacar el reino del terror al que aspiran los separatistas, nada ha cambiado”.

3)-“El éxito de 'Ocho Apellidos Vascos' demuestra lo absurdo de las divisiones territoriales”.
-“Viches 'Las Chicas de la Sexta Planta', un filme francés que fai caricaturas tópicas da emigración española?”
-“Sí, los gabachos nos odian porque son unos envidiosos, además no tienen puta gracia, para buenos los chistes de “va un francés, un inglés y un español...”.

4)-“Aluciné, el personaje este del pescador en 'Ocho Apellidos Vascos', qué cerrado el tipo, que para él 'los del Sur' son los de Vitoria”.
-“Xa, pero ti coma min, cando o Dépor xoga contra o Celta tamén dis que os de Vigo “son os do Sur”.
-“No se debe mezclar el fútbol con la política o con outras cosas”.
-“Menos coa película que a ti che dea a gana, non?”.

5)-Qué lamentable pérdida la de Adolfo Suárez, deberíamos mantener su legado y defender siempre el consenso y el diálogo político”.
-“Xa, igual habería que falar sobre o de Catalunya, Euskal Herria, Gali...”
-“¡¡¡La Constitución y se acabó!!!”.

6)-Qué lamentable pérdida la de Adolfo Suárez, deberíamos mantener su legado y recordar su generosidad, por ejemplo con la flexibilidad penitenciaria, él incluso decretó amnistías”.
-“Pois agora hai moitos presos vascos dispersados en contra da legalidade e...”
-“¡¡¡Qué se pudran en la cárcel!!!

7)-“Bildu es ETA y, por el tanto, el BNG es ETA”.
-“Se pensas que os 300.000 votantes dun partido legal son terroristas, toma, aquí che vai a dirección dun psiquiatra moi bo”.
-“No lo necesito”.
-“Entón es un mentiroso. E seguramente un nazi”.

Bóla Extra) Do último diálogo tamén existe unha versión máis pobre na que o galegofalante parece asumir os argumentos do fachote e, en vez de rebatilos, limítase a pedir que se fale doutras cousas.

Comentarios