Opinión

In memoriam: Ramiro Recouso

Na irmandade dos Bos e Xenerosos, dos que aman esta terra, dos que loitan contra a desigualdade,  Ramiro Recouso Liste tiña un lugar de honra.

Na irmandade dos Bos e Xenerosos, dos que aman esta terra, dos que loitan contra a desigualdade,  Ramiro Recouso Liste tiña un lugar de honra.

Máis de 20 anos de militancia activa no BNG de Ordes, deberían dar para colecionar inimigos, máis diso non tiña Ramiro home todo corazón e todo alento, defendendo calquer cuestión con contundencia, máis sempre con educación, con honestidade e xeneroso, tanto nos actos como nas palabras e sempre, sempre, sementando sorrisos, que así era como entendía el a vida, tanto na política como no persoal.

"Ramiro home de sólidos principios, non se amilanaba diante dos atrancos que a vida lle foi colocando"

No cotiá Ramiro era un auténtico “gentleman” un home que paseaba con garbo e con alegría polas rúas ordenses e que coñecia cada casa de Ordes todo e que era recibido con cariño en cada una, será complicado non atopalo co seu porte e a súa elegancia de home curtido en centos de batallas no día a día ordense, Ordes non podía aspirar a mellor embaixador!  Ramiro home de sólidos principios, non se amilanaba diante dos atrancos que a vida lle foi colocando, sorteunos con firmeza e decisión e fixo do optimismo a súa carta de presentación.

Son centos os actos nos que temos coincidido, centos  as veces nos que puxemos en común o mundo utópico polo que cada día nos erguemos, esa realidade comarcal que tantas conversas ten ocupado na nosa militancia común e que tantos sinsabores nos levou á boca  máis non por iso renunciamos ao mundo que creemos e polo que seguimos loitando. Exemplo de honestidade, de amizade, de enteireza, de compromiso e de amor o seu exemplo será motor para todas as persoas que tivemos a sorte de coñecelo.

Nós tamén dicimos del que 
“Morreu de amor á terra
Irmán Ramiro….. Morreu de amor á terra!
 

Comentarios