Opinión

Máis precariedade? Non, grazas

Os recortes dos dereitos da clase traballadora parecen non ten fin. Cando remata unha reforma laboral na que se pasou a desbrozadora a dereitos laborais adquiridos nunha longa andaina, xa moitos sectores comezan a pedir outra: dirixentes empresariais e organismos internacionais adoitan levar a voz cantante deste coro dos “recortadores”.

Os recortes dos dereitos da clase traballadora parecen non ten fin. Cando remata unha reforma laboral na que se pasou a desbrozadora a dereitos laborais adquiridos nunha longa andaina, xa moitos sectores comezan a pedir outra: dirixentes empresariais e organismos internacionais adoitan levar a voz cantante deste coro dos “recortadores”.

"Algunhas empresas, mesmo cuestionan o dereito dos “novos traballadores” ao tempo de lecer que teñen para tomar un “tentempé”.

Nesta lexislatura, entre outras falcatruadas na lexislación laboral, o goberno do PP ampliou as causas dos despedimentos por causas “obxectivas” e teimou no desvencellamento dos convenios colectivos de sector, así como no afortalamento da dualidade no mercado de traballo: unhas persoas (cada vez menos) con contratos indefinidos a tempo completo…e outras que, para acceder ao mercado laboral, pasan anos con contratos temporais (mesmo por un día ou unhas horas) ou traballando a tempo completo… pero cobrando por un contrato a tempo parcial.

Impago do descando “do café”

Algunhas empresas, mesmo cuestionan o dereito dos “novos traballadores” ao tempo de lecer que teñen para tomar un “tentempé”. A Sala do social do tribunal Supremo ven de declarar discriminatorio o convenio colectivo da empresa de distribución  Logista,que alegando razóns económicas, excluíu aos novos empregados do período remunerado de 30 minutos de descanso (para tomar o café, un bocadillo…) que teñen os demais traballadores desa empresa.

É nunha das moitas microempresas afogada polas débedas e a falla de financiamento pola Banca? Non.

É nunha gran empresa, con máis de mil persoas asalariadas, quec otiza en Bolsa…e o prezo das súas accións subiron un 23% no que vai do ano 2014.

Chove sobre mollado

Non é a primeira vez que a Xustiza se pronuncia este ano sobre o “descanso do bocata”; no mes de maio, a Audiencia Nacional ( “Estatal”, diría eu) declarou a nulidade da política laboral dunha empresa que pretendía que as persoas asalariadasrecuperasen ese tempo de lecer de media hora; anulouna porque supoñía unha clara modificación dos contratos.

"Parece que non ten límites a política de explotación laboral dalgúns empresarios, que aproveitan a crise para subir e subir a súa taxa de plusvalía a conta dos dereitos minguantes da súa poboación asalariada".

Parece que non ten límites a política de explotación laboral dalgúns empresarios, que aproveitan a crise para subir e subir a súa taxa de plusvalía a conta dos dereitos minguantes (tamén os económicos, pero non só) da súa poboación asalariada.

“Non hai pan para tanto chourizo”

Un dos eslogans do movemento do 15-M prendeu na cidadanía, que está cansa da precarización das condicións laborais, das subas de impostos e dos recortes en sanidade, ensino, servizos sociais… e máis do iceberg da corrupción que vai emerxendo máis e máis, camiño de fundir o Titanic do Estado de benestar.

Demasiado chourizo como para dar cocido pan de abondo para facer os bocadillos!

E se cadra é pola falla de pan… polo que algúns beneméritos empresarios mesmo queren suprimir o “descanso do bocadillo” para toda a clase traballadora.

Comentarios