Opinión

Caixón de xastre: o gasto social en 2015

Botarei man ao caixón de alfaiate no que vou deixando retais de aquí e de acolá do tecido socioeconómico galego, collendo máis ben os do último traxe: os orzamentos para o ano 2015. 

Botarei man ao caixón de alfaiate no que vou deixando retais de aquí e de acolá do tecido socioeconómico galego, collendo máis ben os do último traxe: os orzamentos para o ano 2015. Boto a man ao caixón e imos ver o que vai saíndo, despois de que o presidente Núñez destacase o gran investimento social de Galicia neste ano:

"Nos orzamentos para o ano 2015, o gasto social (sanidade, ensino e servicios sociais) vai medrar en Galicia tan só un 0,3%, a décima parte da suba media estatal (3%)"

1) O estancamento do consumo e do investimento fan que non houbese crecemento algún do PIB en Galicia no último trimestre do que temos datos (o terceiro de 2014) mentres que o PIB medio do Estado español subíu un 0,5%.

2) Afondando nesa evolución do PIB desde a perspectiva da demanda, suliñarei que o gasto dos fogares na media estatal nese trimestre (0,8%) cuadriplicou ao de Galicia (0,2%), na que segue a se aplicar en 2015 o recorte de ao redor dun 40% nas pagas extraordinarias d@s  empregad@s públic@os (por terceiro ano consecutivo), factor diferencial respecto d@s que cobran do erario público máiis aló de Pedrafita ou da desembocadura do rio Eo. 

Sumeselle a incapacidade de creación de emprego na nosa nación, que segue a expulsar do seu seo  miles de estudantes que rematan o seu Grao Universitario ou o Ciclo Formativo de Formación Profesional.

<"Galicia vai ser en 2015 a terceira comunidade…pola cola en gasto público en sanidade"

3) Nos orzamentos para o ano 2015, o gasto social (sanidade, ensino e servicios sociais) vai medrar en Galicia tan só un 0,3%, a décima parte da suba media estatal (3%) ... pero, iso si, a nosa nación será a campeona no recorte do endebedamento público: un 26,7%, mentres no promedio do Estado baixará un 14%, en Cataluña, un 11.7% ... e no País Vasco medrará un 21,4%.

GALEUSKA, e mesmo o conxunto do Estado, ten en Galicia a gran recortadora, a HUSQVARNA que “Anxelicalmente” tanto lle gustará a Frau MERKEL e ao seu IV Reich.

4) Galicia vai ser en 2015 a terceira comunidade…pola cola en gasto público en sanidade (tras Aragón e A Rioxa), cun 0,3% de suba, fronte ao crecemento medio estatal do 2,4% (un 2,2% en Cataluña e un 1,1% no País Vasco). 

5) A nosa nación vai ser en 2015 tamén a terceira comunidade (tras Aragón e Canarias) … pola cola en gasto público en ensino, capítulo orzamentario no que, pese á expansión do gasto que debería conlevar a implantación da LOMCE  a suba do gasto da Xunta de Galicia vai ser  mínimo (un 0,1%), 26 veces por baixo do crecemento medio no Estado (2,6%).

"Anosa nación vai ser en 2015 tamén a terceira comunidade (tras Aragón e Canarias) … pola cola en gasto público en ensino"

Nas outras dúas nacións “históricas” (as que, coma a nosa, xa plebiscitaron o seu autogoberno na II Republica), Euskadi multiplica por 10 o noso incremento (cun 1%) e Cataluña multiplícao…¡por 68! (cun 6,8%).

6) No terceiro compoñente do gasto social, os servizos sociais, a nosa nación queda de penúltima pola suba orzamentaria en 2015, cun 1% (só queda detrás Cantabria) mentres que o promedio estatal quintuplica ese crecemento (5,3%).

Conclusión: menos lobos, sr. Presidente!..., teña moito cuidado cos alfaiates e non se esqueza de que hai moita tela por cortar; sin ter que recortar os nosos dereitos (sociais e máis económicos)! 

Comentarios