Opinión

Cen anos da proclamación da República do Rif

«Nunca fomos marroquís xa que o noso Rif nunca pagou imposto neñun ao Majzén»

«Establecinos a República do Rif, e [...] non menosprezamos embarcarnos nu ha guerra lexitima contra España en defesa da nosa independencia»

Abd-el-Krim, 1921

Hoxe, 18 de setembro, hai cen anos que o seu presidente, Abd-el-Krim, proclamou a República independente do Rif despois dunha durísima derrota do exército español en Annual (máis de 12.000 mortos) a mans dos guerrilleiros rifeños.

A independencia rifeña durou do 1921 ao 1926 nunha confederación das 41 tribos do Rif representadas todas elas no Parlamento de Ajdir mediante delegados escollidos diretamente polas asembleas locais.

Esta loita de liberación nacional foi precursora —nun terceiro mundo completamente colonizado— das independencias que somentes comezarían a producirse a partir do final da II Guerra Mundial. Na guerra de guerrillas que practicou contra os exércitos coloniais francoespañois, Abd el Krim sobresaíu coma un grande estratega e líder popular, o que lle valeu o recoñecemento coma referente de Mao Zedong, Ho Chi Minh, e  tamén de Che Guevara, quen o visitou persoalmente no seu exilio do Cairo.

O povo do Rif, nomeado na sua lingua «imazighen» (homes e mulleres ceibes), sempre viviu en liberdade até o século XX. E é por iso que defenderan teimudamente a súa independencia contra os exércitos invasores a través dun exército popular da 65.000 homes que ao mesmo tempo contaba cuns servizos secretos dirixidos por mulleres.

A República tiña diversos ministerios coma sanidade, facenda, economía, interior ou ensino, que realizaron, dentro das posibilidades da guerra, unha importante tarefa construíndo escolas, estradas e unha rede telegráfica. O novo estado dotouse dunha constitución, unha bandeira, un himno, e moneda propia. En definitiva, a República supuxo unha modernización do sociedade rifeña.

Só foran vencidos a través dunha brutal guerra química com gas mostaza dirixida polo rei Alfonso XIII, aínda hoxe non recoñecida polo Estado español. Violando os acordos internacionais lanzáronse 470 toneladas de gas mostaza sobre a poboación civil, cultivos, gando, rios e fontes que produciran probabelmente uns 100.000 mortos.

No setembro de 1925, por medio a intervención do xeneral Pétain, entrou en guerra contra os rifeños o exrécito francés con 400.000 soldados. Ante isto, Abd el Krim entregouse aos franceses no 1926 a fin de salvar ao seu pobo do exterminio e para que as futuras xeneracións puidesen reprender a loita.

Cando chegou a independencia de Marrocos en 1956, o Rif seguiu sofrendo masacres, a negación da súa identidade, a marxinación e a miseria baixo a ocupación militar do réxime neocolonial alauita, monarquía fantoche de França.

Porén, cen anos depóis, Abd el Krim é máis recordado, querido e vivo que nunca polo seu pobo. A partir das manifestacións reivindicativas con centenares de millares de persoas producidas a partir da 2016, o Rif multiplicou a sua loita pola liberdade e a dignidade a través do Movimento Popular Rifeño, xurdido das asembleas de barrios, pobos e ciudades.

Comentarios