Opinión

Liberdade de expresión

Franco foi un asasino nato desgraciadamente con uniforme militar, xa deu sobradamente mostras delo na súa  campaña en Marrocos ordenando o fusilamento de soldados por despistes humanos no incumplimento dos seus mandatos. Como iniciador e máximo xefe do levantamento militar declarando a guerra ao  goberno republicano legalmente constituído en España foi, polo tanto, o responsable das mortes de centenares  de miles de contendentes de ambos bandos en combate. Pero ademais unha vez rematada e gañada a guerra  polos sediciosos, o nomeado Caudillo deu vía libre para proseguir asasinando con toda frialdade (aspecto que mantivo ata o final da súa vida) a cantos consideraba non adictos ao rexime totalitarío que impoñía, e realizábase matándoos directamente do  xeito que fose e botando logo os cadáveres onde fose ou indirectamente de fame, enfermidade ou tortura nas macabras cárceres e campos de concentración nos que se confinaba aos presos. Os que quedaban, uns agochábanse onde podían outros recorrían ao tráxico camiño dun exilio sempre desacougante.

Pero por se parecéselle pouco o seu sadismo homicida, decidiu revitalizalo cos top two neste campo, o nazismo alemán e o fascismo italiano que viñeron a colaborar cos nosos matarifes cos seus soldados as súas armas e os seus avións que descargaban as súas bombas aínda que fose sobre a poboación civil. 

Franco morreu físicamente en 1975 pero lamentablemente non o seu espíritu que pervive nunha pseudomocracia incapaz de rematar cos seus demos, e así campean,  impasible o ademán, con toda tranquilidade e legalidade os  partidarios da súa barbarie acollidos nunha denominada Fundación Francisco Franco

Acadado o silencio mortuorio dunha poboación vencida por unha agresión infame, desleal, ilexítima e brutal, a partires de entón durante coarenta anos o estado español viviu baixo unha ditadura do terror e  da humillación, unha ditadura macabra dirixida por un bárbaro que ata o final da súa vida seguiu fusilando xente.

Por fin Franco morreu físicamente en 1975 pero lamentablemente non o seu espíritu que pervive nunha pseudomocracia incapaz de rematar cos seus demos, e así campean,  impasible o ademán, con toda tranquilidade e legalidade os  partidarios da súa barbarie acollidos nunha denominada Fundación Francisco Franco que ten por obxecto a reivindicación da grandeza do ditador como o salvador de España, e a  exaltación e apoloxía da súa historia fascista, disparates que agora, aproveitando a ocasión que se lles presenta queren utilizar na xestión do Pazo de Meirás, un día habitado pola condesa de Pardo Bazan para logo reconvertirse no castelo do conde Drácula,  amparados por unhas leis  que confunden espuriamente a liberdade de expresión co libertinaxe da supresión da dignidade humana. Sería posible facer unha fundación de exaltación e apoloxia de ETA, da grandeza da súa historia, ou unha fundación de  enardecimento e loubanza do yihadismo, recorrendo á liberdade de expresión?

Diante esta transgresión humillante da liberdade de expresión, permitindo a existencia e divulgación de organizacións defensoras desta inhumanidade histórica franquista por uns lexisladores abxectos, seguiremos co silencio dos cordeiros propio dunha sociedade desestruturada e indiferente? 

Comentarios