Opinión

Érguete Galiza dunha p. vez

Confluír vén significar que diversas partes concorren nun punto determinado e interrrelaciónanse conformando unha nova unidade.


Confluír vén significar que diversas partes concorren nun punto determinado e interrrelaciónanse conformando unha nova unidade. A confluencia política para un obxectivo concreto como é o de acadar un grupo galego para a próxima cita electoral ao parlamento español soamente pódese entender se os diferentes, partidos, colectivos, movementos, encontros e demais, integran as súas organizacións, estruturas e/ou persoas nunha única e nova colectividade ad hoc para o obxectivo marcado (e en principo unicamente para ese obxectivo). A confluencia é que cada un convértese en todos e todos en cada un. Como metáfora diríamos que os afluentes do río Miño todos teñen os seus nomes e características pero cando desembocan nese río depositan todo nel e son únicamente o Miño.

"A confluencia é que cada un convértese en todos e todos en cada un"

Hai outras cousas, alianzas, pactos, coalicións, etc. Estes son  acordos entre grupos que se unen, pero conservando cada quen as súas particularidades. Dáme a impresión de que estas formas de relación aparentemente resulten máis doadas de artellar pero tamén véxoas máis propicias á conflitividade, máis aínda co panorama político que temos en Galiza.

A confluencia nun grupo común semella unha opción máis difícil de conseguir  pero, sen dúbida, sería o que verdadeiramente daría valor ao grupo tanto diante da propia cidadanía como no Parlamento onde executaría a súa acción.

Sexa como sexa, de todos xeitos, creo que esta é a primeira cuestión a discernir polos elementos que impulsan a subsodita unidade, porque as diferenzas entre estas dúas alternativas son evidentes, e poden ser decisivas na cohesión do grupo e polo tanto nos resultados electorais.

Comentarios