Opinión

Tempos de caspa

S eguramente na Mariña de Lugo, o próximo domingo as circunstancias sanitarias fagan que moita xente quede na casa sen exercer o seu dereito ao sufraxio. Seguramente eses que non o van exercer, en condicións normais faríanno, e … seguramente unhas eleccións nesas condicións, non deberían realizarse.

Se a Xunta de Galicia considera que pechando 5 días A Mariña, a saúde vai estar por riba do interese electoral é a demostración de irresponsabilidade maior, dende unha Administración, que calquera persoa de ben poida lembrar.

Nun país -perdóeme a candidata de Cuidadanos polo termo- no que o seu Goberno actúe só en función da ansia de poder, pasando por riba de dereitos fundamentais da súa xente, ao mellor ten que espertar, e dar a oportunidade democrática de entrada de aire fresco, que libere de tanta caspa a unha terra, na que a inercia consigue que os avances nin estean, nin se lles esperen...

Comentarios