Opinión

Tempo de reflexión

R ematou a campaña electoral dos beizos tapados por panos sanitarios, que fan que sexa cada vez menos importante o que digan as palabras, e máis transcendente o que transmiten as miradas. Supoño que moitos farán reflexión dende un areal da nosa costa, cunha cervexa na man, e a familia á distancia suficiente como para poder desconectar deles...

Mañá abrirase a posibilidade dun novo tempo político en Galicia, ou a continuidade do modelo que leva décadas na nosa terra. Non son tempos de equidistancia, nin son momentos de desidia. Todos e todas temos a obriga de expresar o que cremos que necesita a terra que viu nacer os nosos fillos, e pola que loitaron os nosos pais, mais o luns haberá que tomar decisións, en función da realidade, porque aínda estamos moitas galegas e galegos en idade de mollarse.

Comentarios