Opinión

Responsabilidade, por favor

En pura teoría, os cidadáns votan aos seus representantes parlamentarios, mediante os seus partidos, para que sexan o vínculo necesario entre o problema que lles afecta e a súa posible solución. Teño as miñas dúbidas, se na sociedade galega na que moitos cada vez máis malviven, os nosos políticos teñen claras cales deben ser as prioridades que demanda a cidadanía, e cales os momentos de xogos florais para os seus incontidos egos.

En pura teoría, os cidadáns votan aos seus representantes parlamentarios, mediante os seus partidos, para que sexan o vínculo necesario entre o problema que lles afecta e a súa posible solución. Teño as miñas dúbidas, se na sociedade galega na que moitos cada vez máis malviven, os nosos políticos teñen claras cales deben ser as prioridades que demanda a cidadanía, e cales os momentos de xogos florais para os seus incontidos egos.

"Nunha sociedade madura non se poden permitir comportamentos de índole fascistoide como os do alcalde popular de Baralla, por parte dun Partido Popular"

Será por aquilo de que fronte ao xentío, os mediocres son os máis elocuentes, os nosos parlamentarios “debaten” estes días sobre os evidentes actos criminais do franquismo, e a súa ambigüidade, -non sei se calculada-, á hora de denunciar determinados apoios, que ten parte da dereita galega. Ao mesmo tempo, dende a esquerda antisistema galega os seus altovoceiros, frivolizan sobre as accións violentas de membros da chamada “Resistencia Galega”, sobre a que este articulista ten serias dúbidas da súa existencia como organización terrorista stricto sensu, como acaba de afirmar con rotundidade a Audiencia Nacional.

Centrar o debate parlamentario nestas cuestións, e neste tempo, e dar as costas ás problemáticas sociais que tanto están afectando á cidadanía, é certo… máis tamén o é que nunha sociedade madura non se poden permitir comportamentos de índole fascistoide como os do alcalde popular de Baralla, por parte dun Partido Popular que a día de hoxe non tería que ter que recibir leccións de democracia de ninguén, mais se fai silencios cómplices e non toma decisións contundentes contra este tipo de persoas prescindibles na política, está contribuíndo á mensaxe de que no fondo son herdeiros do réxime criminal do 18 de xullo. Afirmación que non comparto.

"Beiras comete un acto de irresponsabilidade coa súa condena morna, -cando non comprensión- ,das accións dos membros de Resistencia Galega"

Pola súa banda, Xosé Manuel Beiras comete un acto de irresponsabilidade coa súa condena morna, -cando non comprensión- ,das accións dos membros de Resistencia Galega. Comparto a lectura política do desproporcionado das penas aplicadas en función dos actos en grado de tentativa que pretendían acometer, mais o certo é que non se pode amparar ningún tipo de violencia, nin xustificar con poemas de Baudelaire accións non asumibles por unha sociedade madura.

Así pois os nosos representantes teñen que decidir… poden seguir pechados no seu propio universo de batalliñas dialécticas entre mediocres, ou poñerse a practicar de verdade a política con maiúsculas que tantos demandamos, e para a que non demostran acotío estar preparados.

Ou non?

Comentarios