Opinión

Mal negocio político

Situarse nunha situación de debilidade fronte a Goliat só pode ter a consecuencia final, de que o xigante, potencialmente abatible, saia vitorioso da contenda.

Non me gusta esa competición soterrada, alimentada por algunha liña editorial hipersubvencionada, entre PSdeG e BNG, por ser a segunda forza nas urnas, a noite do 12 de xullo. Se ti non transmites ao electorado indeciso, que pulula polo purgatorio da demoscopia, que es realmente alternativa a Goliat, e que só compites co que ten que colaborar para tirar a honda coa pedra, o xigante seguirá pisando os dereitos de todos aqueles que dis defender, mentres miras de reollo ao teu compañeiro de batalla.

PSdeG e BNG están condenados a entenderse, a conformar gobernos de progreso, e a configurar unha alternativa que ilusione. Porque mentres a alternativa diga cos ollos, que aínda non chegou o momento, Goliat ri por riba das nosas posibilidades

Comentarios