Opinión

De suspiros de España a dende Rusia con amor

É difícil saber cal era o gusto cinematográfico de Cameron antes dos seus primeiros encontros con Rajoy, mais podo imaxinar que logo de moitas “relaxing cups” deleitándose con “Suspiros de España” o seu gusto foise deteriorando cada día mais. 

É difícil saber cal era o gusto cinematográfico de Cameron antes dos seus primeiros encontros con Rajoy, mais podo imaxinar que logo de moitas “relaxing cups” deleitándose con “Suspiros de España” o seu gusto foise deteriorando cada día mais. 

"Cameron adopta agora o papel de salvar ao Imperio Británico dos malvados separatistas nunha versión mellorada de “Desde Rusia con amor”"

Ao puro estilo 007, Cameron adopta agora o papel de salvar ao Imperio Británico dos malvados separatistas nunha versión mellorada de “Desde Rusia con amor”… claro que en internet isto se traduciu nun título mais resultón “Indyrefsky”. 

Os xornalistas David Leask e Paul Hutcheon do Herald Scotland veñen de publicar unha escandalosa primicia: Cameron pediu axuda a Putin para parar o avance do “terrible” Alex Salmond. 

Cameron non quere involucrarse no proceso escocés, porque di que é un asunto de tod@s @s escoceses, e evita a toda costa un debate público con Alex Salmond porque di que é demasiado “posh” (pijo) para debatir con el. En realidade, aos Tory non entenden o que é xogar limpo e optan polo xogo suxo e as conspiracións como base da súa campaña en contra dun SI á independencia de Escocia. Falando claro, téñenlle fobia aos principios de democracia real ainda que fan o paripé de que son moi progres e avanzados. 

"Téñenlle fobia aos principios de democracia real ainda que fan o paripé de que son moi progres e avanzados". 

Sería xusto preguntarse se “Her Majesty” (lembremos que no White Paper o Goberno escocés opta por manter á monarquía nunha Escocia independente) está informada do acontecido e se Cameron merecería ser preso e xulgado por traición…. 

Outra das preguntas a facerse é si en todo este movemento tan cinematográfico tamén hai un oculto plan de devolver (sen previo aviso) aos escoceses a localidade de Berwick-upon-Tweed, sita na fronteira entre Inglaterra e Escocia, que permanece oficialmente en guerra con Rusia dende 1853 (si, ao parecer no estaba incluída no Tratado de París). 

Comprenderedes que a primicia do Herald é un tremendo golpe para o Better Together, que cada vez perde mais forza (caso que algunha vez tivera forza popular). 

Contan na noticia do Herald que membros da embaixada de Rusia non quixeron facer comentarios sobre dita noticia. Non me extraña.

Comentarios