Opinión

Quen teme ao voto feroz?

Nunca gustei de mesturar os procesos escocés e catalán; é mais, pareceume totalmente acertado que o Goberno escocés quixera manter a autenticidade do seu proceso e evitara contaminacións  con outros movementos internacionais. Mais hoxe foi un dia intenso para as dúas nacións. 

Nunca gustei de mesturar os procesos escocés e catalán; é mais, pareceume totalmente acertado que o Goberno escocés quixera manter a autenticidade do seu proceso e evitara contaminacións  con outros movementos internacionais. Mais hoxe foi un dia intenso para as dúas nacións. 

"Dende o primeiro momento souben que Madrid e Londres utilizarían a mesma estratexia, os mesmos slogans, as mesmas palabras e a mesmas intencións".

É público e notorio que aos Gobernos español e británico interesoulles mesturar os dous procesos dende o primeiro momento; dende a BBC repetiuse continuamente a pantasma do veto español... aínda a sabendas de que era imposible que España vetara a Escocia na UE,  e que o perigo real era o resultado do referendo prometido por Cameron; Rajoy converteuse nun comodín mais na propaganda dos unionistas e non era casualidade. Os imperios axúdanse uns aos outros. 

Dende o primeiro momento souben que Madrid e Londres utilizarían a mesma estratexia, os mesmos slogans, as mesmas palabras e a mesmas intencións. Os imperios nunca foron coñecidos polo respecto ás normas, ese respecto que tanto lles esixen aos demais. O medo, esa arma terrible que só os políticos mais ruíns son capaces de utilizar dun xeito vil e indigno para anular a vontade dun pobo, foi, é e será a clave de todo.   

Non hai sorpresas con Catalunya. O que xa moitos dabamos por feito é o que está a acontecer; e aínda que haberá quen hoxe se sinta traizoad@ e decepcionad@, o proceso continua e o Goberno Central non durme, nin durmirá tranquilo durante moitos meses. O tempo pasa, para algúns con mais presión que para outros.

Xa vai alá un mes do referendo escocés e moitas novidades acontecen todos os días. Non hai respiro.
Ao menos 25% d@s escoceses votaron Non por unha promesa solemne e honorable feita polos lideres dos partidos unionistas: Cameron, Miliband, Clegg e un Gordon Brown que parecía ser o Primer Minister de Reino Unido nos días previos á consulta polo esaxerado da cobertura da BBC.

"Ao menos 25% d@s escoceses votaron Non por unha promesa solemne e honorable feita polos lideres dos partidos unionistas: Cameron, Miliband, Clegg e un Gordon Brown que parecía ser o Primer Minister de Reino Unido nos días previos á consulta polo esaxerado da cobertura da BBC".

Lord Smith, o encargado a poñer en marcha a Comisión de Negociación de novos poderes, xa comezou con polémica ao non permitir que membros do Scottish Socialist Party asistan como delegados ás xuntanzas. Os continuos aprazamentos da Comisión  fan que o calendario previsto sexa xa inviable.
E  na Cámara dos Comúns? Pois hoxe mesmo, e sen a presenza do Prime Minister Cameron (nin Miliband, nin Clegg)  tivo lugar o primeiro debate sobre devolución de poderes para Escocia pasado o referendo; nel  quedou ao descuberto a mesquindade daqueles que fixeron á desesperada un xuramento solemne ao pobo de Escocia. 

Nun debate que durou case 8 horas a traizón foi collendo forza cando a maioría d@s  deputados evitando mesmo mencionar a palabra Escocia, defendían dar mais poderes a Inglaterra, facendo comentarios fora de lugar e mesmo insultantes; e ante a protesta dos deputados do SNP, escoitáronse voces que desvelaron que “The Vow” non ten lexitimidade ao non ter sido aprobado pola Cámara.  

"Os ánimos estanse caldeando cada dia polos continuos desplantes dos unionistas, e xa non digamos da impresentable política da BBC" 

Maila o frío que xa se fai notar en Escocia, os ánimos estanse caldeando cada dia polos continuos desplantes dos unionistas, e xa non digamos da impresentable política da BBC (e Sky News) que veñen de excluír dos debates televisivos para as vindeiras eleccións xerais ao Partido Verde e a quen é xa a terceira forza política do Reino Unido, O SNP.

É o que teñen os poderosos, que poden repetir mentiras durante moito tempo, cometer agravio comparativo e vendelo como democracia, xurar solemnemente que os elefantes que voan existen,  e logo dicir que padecen de amnesia.  

O que non van poder esquecer os poderosos é de que hai unha masa popular que non vai aceptar tal engano e que seguirán protestando, manifestándose e armándose de moitos mais argumentos ata acadar o seu obxectivo. 

A esa xente, xa nin medo, nin votos, nin promesas vacuas de ningún tipo faralles cambiar de opinión... e os imperios, tal e como hoxe existen, teñen contados os días, e farán historia.

Comentarios