Opinión

A independencia camiña polas rúas de Edimburgo


Estou en casa. Así me sinto cada vez que veño a Escócia.


Estou en casa. Así me sinto cada vez que veño a Escócia.

Son @s escoceses moi semellantes a nós en sentimento. Cando te coñecen, te atenden, te coidan, te miman, ábreche as portas da súa vida. E un pobo excepcional, orgulloso de si.

Unha pode facerse unha idea do potencial de mobilización que teñen cando sabes da Tartan Army, seareiros dos equipos da selección escocesa.

Onte outro tipo “Army” estaba nas rúas de Edimburgo reivindicando o SI a unha Escocia Independente.

Respírase ilusión, ledicia, forza, razón de ser. Caras sorrindo por onde queira que camiñes, enfrontando con confianza e seguridade o reto que teñen por diante.

Uns compañeiros de Cataluña veñen onde nós. Hola! Viva Galiza libre! Levan barretina e estelada...

O pobo escocés pola independencia camiña agora e sempre acompañado de amig@s de moitas partes do mundo.

Pilar! As nosas bandeiras! Dime Douglas… sinto un orgullo inmenso (e mesmo as veces teño que reprimir as bágoas) ao escoitar ao meu home explicar con paixón que Galiza tamén existe e que tamén queremos a nosa soberanía e independencia. “Cando faledes d@s nos@s amig@s de Catalunya e Euskal Herria, falade tamén de Galiza”… di coa bandeira da Patria na man.

Uns compañeiros de Cataluña veñen onde nós. Hola! Viva Galiza libre! Levan barretina e estelada... Gore e Litus, que momento! Abrazámonos coma se nos coñecéramos de toda a vida. Camiñamos xuntos. Coma nós, viñeron expresamente para participar no Rally. Escócia está conseguindo que o internacionalismo medre con pasos de xigante.

Miro ao redor e vexo que moitos dos que están aquí levan anos soñando con este momento. Cada paso é importante, cada actividade é importante, cada persoa é importante… step by step to get Independence… Escoito os primeiros berros “Yes, Yes, Yes”, “Freedom”. Anne e Jeff, acompañados de miles de voluntarios, son os que levan o peso da organización deste Rally. Hoxe de seguro estarán felices e orgullosos saboreando o traballo feito con excelencia.

Escócia está conseguindo que o internacionalismo medre con pasos de xigante

Somos miles, dende a Organización estiman uns 30.000... non me parece esaxerada esta cifra... logo a BBC manipulará a información e as cifras, coma sempre.

Por fin podo coñecer nestes días a moit@s d@s que sigo diariamente no twitter, ou por correo electrónico... Peter Curran (que marabilloso home tan cheo de historia!) , Paul Kavangh (grazas por todo, amigo!), Linda, George, Rev. Stuart... e moitos mais; que pracer compartir esta experiencia con vós.

Nicola Sturgeon, Humza Yousaf, Blair Jenkins, Allan Grogan, Patrick Harvie, Colin Fox, Carol Leckie e representantes de todos os colectivos escoceses que participan neste evento facilítannos totalmente o traballo.

Atención! que isto está en marcha cara Calton Hill. Camiñamos cara á independencia ao son de “Scotland the Brave”… e eu formo parte desta Scottish Army for Independece porque estou en casa.

Comentarios