Opinión

A impresionante e necesaria lección de humanidade e solidariedade

Unha celebración que remata en traxedia. A ningún de nós se nos pasa pola cabeza que nun segundo todo pode cambiar de luz a escuridade.

Unha celebración que remata en traxedia. A ningún de nós se nos pasa pola cabeza que nun segundo todo pode cambiar de luz a escuridade. Así é a vida, así son os accidentes. Nada vai consolar a aqueles que perderon seres queridos ou están á espera de que melloren nos hospitales. O tempo vai ser o factor fundamental para poder sobrelevar a perda sen desangrarte cada dia.

Dentro do terrible sempre aparece o factor da humanidade, da resposta solidaria de quen con empatía sinte en carne propia a dor e entende as prioridades. Os viciños axudando, a xente apiñada para doar sangue, os profesionais dando todo nas tarefas de rescate e coidado dos feridos… humanidade, así debe de ser.

@s amig@s de Escócia tiñan mais información que nós, ou ao menos iso me pareceu. Estaban impresionados coa resposta d@s cidadans. Unha amiga, Catriona , dicíame que hai un dito escocés que di que en tempos difíciles hai corazóns que brilan con mais forza iluminando todo. Non tardaron en chegar mensaxes de compañeir@s de todas partes do mundo enviando os seus mellores desexos, oracións, mantras e reiki…

Agora o mais importante é seguir dando apoio aos afectados e agradecer inmensamente a eses héroes do público que dan amor e profesionalidade a raudales en resposta as patadas dos cada días mais terribles recortes.

Tempo chegará de analizar o porqué do accidente e veremos se por unha vez os responsables das neglixencias asumen a sua parte, e non empezan a dar o lamentable espectáculo de tirar balóns fora ou de facer suxerencias rastreras, que desgraciadamente sempre hai quen o fai…

Eu de momento seguirei enviando reiki e facendo mantras para non me sentir inútil…

Comentarios