Opinión

Cataluña: e agora... que?

Sorpresa pola rápida reacción de Rajoy chamando a eleccións en Cataluña o 21 de decembro. Moitos alaban este inesperado anuncio; pero ao mesmo tempo hai moita frustración por non ter actuado antes mediante o diálogo e a negociación para evitar esta situación e o #art155.

Estamos nas primeiras horas logo do voto do Parlamento catalán e hai moitas preguntas e moi poucas respostas:

Haberá candidatos de partidos independentistas o 21 de Decembro? Haberá eleccións constituíntes?

Terá Cataluña dous gobernos paralelos?

Haberá negociacións e finalmente un referendo legal e acordado de independencia? 

Sexa coma sexa, ten que haber negociacións. E tendo en conta como o Goberno español ten manexado esta situación é esencial que haxa mediadores internacionais. 

Sinceiramente, non agardo que unha elección cambie o panorama en Cataluña. De ter lugar, acordos e entendemento son indispensables.

Diálogo, negociacións, O Goberno español nin pode nin debe negarse senón actuar por unha vez con responsabilidade política e democrática.

Comentarios