Opinión

Cancións para Escocia, o son da independencia e da liberdade

Pois aquí estamos, xa instalados e dispostos a participar activamente deste momento histórico que lle toca vivir a Escocia. 

Pois aquí estamos, xa instalados e dispostos a participar activamente deste momento histórico que lle toca vivir a Escocia. 

Edimburgo parece estar moitísimo mais activo que no mes de maio. Non é difícil, nesta cidade burguesa, ver pola rúa moita xente con insignias do Yes, algunha tamén do “No, thanks”.

·"Os partidarios do NON comezan a frase cun “I’m a proud Scot but...” (Estou orgulloso de ser escocés pero..); o que segue a esa frase é o argumento para xustificar un voto negativo-"

Estou aberta a escoitar todos os argumentos xa que é preciso entender as razón duns e doutros; en canto mais persoas escoito, mais evidente e sorprendente resulta a pobreza dos argumentos unionistas fronte a riqueza e entusiasmo dos independentistas. Unha, de querer facer chistes tontos, falaría de estar entre Angry Birds (NO) e as Happy faces (SI). Non o digo por dicir, dígoo porque non sei se por coincidencia pero toda a xente unionista que me atopo parece estar amargada e ter un patrón de resposta sacada dalgún modelo único;  ata semellan ter sentido de culpabilidade pola natureza do seu voto... ; namentres os partidarios do SI non deixan de aportar cada día razóns que sorprenderían ao mellor dos ideólogos... Creo recordar que en Cuba chamábanlle a iso inventiva popular.... 

Os partidarios do NON comezan a frase cun “I’m a proud Scot but...” (Estou orgulloso de ser escocés pero..); o que segue a esa frase é o argumento para xustificar un voto negativo. 

Os partidarios do SI non empezan con esa frase; os partidarios do SI simplemente te din alto e claro “I’m voting YES!” (Vou votar SI) coma si fose a mais importante decisión das súas vidas ou acabaran de quitarse un peso de 300 anos de opresión de enriba; transmiten un verdadeiro orgullo, unha ledicia infinita. 

É doado establecer conversa coa xente sobre o referendo; o debate está en todas partes, a xente opina, critica, argumenta, decide… un só ten que xuntarse coa xente, a grande protagonista desde momento. So quedan 15 dias, xa está aí, o rexistro de votantes xa pechou, mais de 4 millóns de votantes rexistrados,  moitos deles nunca votaron antes “pero agora si, é importante, xogámonos o noso futuro e o dos nosos cativos” explícame un home de Glasgow, das zonas mais pobres da cidade. 

"Os partidarios do SI simplemente te din alto e claro “I’m voting YES!” (Vou votar SI) coma si fose a mais importante decisión das súas vidas"

Hoxe precisamente participamos nunha actividade organizada por Bella Caledonia, unha das páxinas de internet que mais información e debate ten aportado a este proceso, xunto con Wings over Scotland e Newsnet Scotland. O traballo que ven levando a cabo Mike Small é admirable; conta Mike a modo de anécdota que cando Bella empezou a informar tiñan 7000 lectores e pensaron que estaban arrasando... a dia de hoxe Bella ten mais de 500.000 lectores.

O acto estivo presentado por Allan Biset e puidemos desfrutar dun ambiente entusiasta e optimista. Moita representación da campaña independentista, desa da que poucos falan... porque é mais fácil publicar o que din as axencias. As cancións, maioritariamente en Galec (gaélico escocés) estremecen a calquera, a calidade cultural e musical de National Collective floreceu e medrou e así continuarán, porque o potencial que teñen é infinito... 

A actividade vese na rúa, non hai tempo que perder, cada minuto conta; mesmo a xente que está indecisa ten presa agora por buscar mais información que nunca, pregúntanme que penso, pregúntanme por Catalunya, pregúntanme polo veto español... Hoxe un home duns 60 anos emocionábase ao ver un pequeno vídeo da actividade que Mar de Lumes organizou organizou en Solidariedade con Escocia. Para a miña sorpresa despediuse cun “Grazas, vou votar SI, xa non teño dúbidas”. 

Seguiremos informando. 

Comentarios