Opinión

A ameaza real

O acontecido en París é outra mostra mais de barbarie, é mostra do sadismo daqueles que asasinan friamente, e da hipocrisía de todos os gobernantes que por unha parte crean e financian grupos paramilitares e por outra asisten a unha manifestación pretendendo defender a liberdade de expresión. 

O acontecido en París é outra mostra mais de barbarie, é mostra do sadismo daqueles que asasinan friamente, e da hipocrisía de todos os gobernantes que por unha parte crean e financian grupos paramilitares e por outra asisten a unha manifestación pretendendo defender a liberdade de expresión. 

"Mentíronnos cando crearon probas falsas que repetiron ata a saciedade cos seus medios propagandísticos; e coas súas mentiras bombardearon Irak e asasinaron ducias de miles de civís".

Menten. Menten e cada dia con mais descaro e prepotencia. Mentíronnos cando crearon probas falsas que repetiron ata a saciedade cos seus medios propagandísticos; e coas súas mentiras bombardearon Irak e asasinaron ducias de miles de civís. Menten, cando din que están en contra do terrorismo e continúan facendo da industria de armamento e militar a base da riqueza duns poucos, deses que son os verdadeiros donos do mundo.

E fomentan o pánico, o medo, o terror...  eles, os mesmos que din estar a favor dos dereitos dos cidadáns, aproban leis mordazas, falan de romper os acordos sobre dereitos humanos, limitan os accesos a internet coa desculpa de que unha terrible ameaza terrorista cérnese sobre nós.

Eles son a nosa verdadeira ameaza. Os que crean probas falsas para xustificar guerras;  os que manexan os aparatos propagandísticos; os nos tratan como criminais cando esiximos o respecto e os dereitos que merecemos, os mesmos dereitos que vemos en perigo de extinción;  os que nos menten repetíndonos que vivimos en democracia, nun Estado de dereito que cada vez semella mais a un Estado de indefensión, discriminación e desigualdade; os que condenan aos mais débiles namentres corruptos, ladróns de guante branco, pederastas, e terroristas, continúan libres, impunes e moitos mesmo en postos de privilexio e poder.

"A que lle teñen tanto medo? Que están argallando desta volta? Que traman?  Sexa o que sexa, non é no meu nome". 

Ningunha violencia gratuíta ten xustificación, pero a deles menos aínda. Suponse que eles son os que deben de dar exemplo; eles, que din representar ás nacións pola graza das urnas; eles deberían de ser os que dirixan ao mundo cara a paz. Mais algo está acontecendo, para ao unísono, en todo o mundo, estes “representantes dos pobos” queiran silenciarnos, aumentar o control ata límites insospeitados e reprimir aos pobos en nome da democracia e do Estado de dereito.

E eu non podo deixar de preguntarme: que arquivos e datos manexan para chegar a estas políticas? A que lle teñen tanto medo? Que están argallando desta volta? Que traman?  Sexa o que sexa, non é no meu nome. 

Comentarios