venres 30/10/20

Contra a impunidade, xurisdición universal? O caso Martín Villa

As relacións entre sociedade e lei existen como algo inherente a própia natureza das comunidades humanas. Mais, o gran problema é cando a lei non ten validez de igual maneira para todas/os. Cando frente a crimes de lesa humanidade existe impunidade. Crimes que se recoñecen máis alá dos limites territoriais e temporais. Limites territoriais que evidencian a incapacidade dos estados para xuzgar e castigar asasinatos, torturas, desaparicións, xenocidios, violacións de guerra contra as persoas ou povos, delitos contra os DD.HH. Limites temporais, cando hai prescripción dos delitos cometidos, amnistias, leis de “obediencia debida”, ou de “punto final” argentinas. Leis de impunidade, leis de perdón e impunidade frente a crimes de lesa humanidade.

A Xurisdición Universal (XU) é un dos principios do Dto Internacional que protexe aos cidadáns das inxustizas.(1). É o principio universal de aplicación extraterritorial da lei e extratemporal, neste caso da lei penal. contra os delitos de lesa humanidade. O primer gran obstáculo na súa aplicación é que tres dos fundadores da ONU (Rusia, China e EE.UU) nono  recoñecen. Pero, contra a impunidade está o dereito das vitimas a seren escoitadas, defendidas e reparadas.

Mais o principio da XU habilita a calquer xuíz ou xuíza a perseguir os crimes contra os DD.HH. En 1998 crease a Corte Penal Internacional como o gran instrumento para levar adiante a Xusticia Universal e contribuir a paz mundial. Pero nace eivada porque depende do Consello de Seguridade da ONU, no que mandan os cinco grandes países e impiden a súa eficacia e efectividade ao poder vetar o que non lles interese. Convirten así a Corte Penal Internacional na aplicación do que Danilo Zolo denomina “dereito dos vencedores”, que evidencia a “doble vía da xustiza penal internacional”, xustiza indulxente até cómplice, coas grandes potencias e os seus dirixentes e a soberbia da pseudo-xustiza internacional  para os povos pobres e oprimidos: saharauis, palestinos,...

É o principio universal de aplicación extraterritorial da lei e extratemporal, neste caso da lei penal. contra os delitos de lesa humanidade. O primer gran obstáculo na súa aplicación é que tres dos fundadores da ONU (Rusia, China e EE.UU) nono  recoñecen

E ¿qué sucede no Estado Español? A acusación a Martín Villa pola xuíza María Servini de Cubría inscríbese no marco da “querela arxentina” contra os delitos de lesa humanidade da ditadura franquista, a instancia das vítimas e do colectivo Ceaqua e baixo a legislación internacional da ONU sobre Xustiza Universal. Maria Servini é xuíza do Tribunal Penal Nacional e Federal Correcional número 1 de Bos Aires. As vítimas da represión franquista acudiron a xustiza arxentina pola falta de acción das instancias españolas, “basada no olvido, amnesia e silencio” (El País 4 Sept 2020), amparandose na lei 46/1977 de amnistía ,dada por Suárez, situándose frente aos dereitos constitucionais do artigo 10.1 e 10.2 CE (J. Pérez Royo) no que se defende a dignidade das persoas e contra o artigo 24.1 CE no que se recolle o dereito a tutela xudicial efectiva de toda ciudadanía española, ademais de ir contra a normativa internacional sancionadora dos crimes de lesa humanidade .

O ex ministro Martín Villa ten no seu mandato 13 mortos polas forzas armadas. Martín Villa era ministro de Relacións Sindicais e interino de Gobernación con Árias Navarro e o ano seguinte ministro de Gobernación (Interior) con Suárez. Estas forzas, que dependian de él, eran as encargadas da disolución violenta das manifestacións populares. A acusación da xuíza é de homicidio agravado no marco dunha demanda por crimes de lesa humanidade da dictadura franquista. A Xurisdición Universal en España recóllese na L.O do Poder Xudicial 6/1985, nos seus orixenes tivo un papel relevante pero foi modificada primeiro en 2009 por Zapatero, e a competencia Universal vai ser sustituída por vinculos de conexión con España.

As vítimas da represión franquista acudiron a xustiza arxentina pola falta de acción das instancias españolas, “basada no olvido, amnesia e silencio”

A segunda modificación no 2014 con Aznar, elimina prácticamente a XU ao retirar o principio de nacionalidade pasiva e deixa aos españois fóra da lei no extranxeiro, arquivando todos os casos abertos, e sobreseíndo os que están en trámite nos tribunais. Os acordos internacionais contra a impunidadade son: a non prescripción dos delitos, a prohibición da amnistía, e a exixencia da responsabilidade individual como cómplice, inductor ou encubridor e, por último, a obriga de calquera xurisdición estatal ou internacional de perseguir os delitos. É de Xustiza Universal recoñecer o dereito das vítimas a ser escoitadas, a coñecer a verdade e a ser reparadas.  O que a xuíza María Servini de Cubría está a facer coa acusación a Martín Villa è aplicar o principio de Xurisdiciòn Universal.

Contra a impunidade, xurisdición universal? O caso Martín Villa
comentarios