Opinión

Diferenzas histórico-culturais na relixiosidade do Estado español

A  Constitución, nos seus artigo 14 e 16 sanciona a igualdade ante a lei e garante a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto e afirma "ningunha confesión terá carácter estatal". Garante a neutralidade da actuación política, o laicismo, a individuos e comunidades. Mais o espectáculo da Semana Santa católica superou, con creces, o doutros anos.

Foi unha potenciación sen límite en todos os medios de comunicación dos actos relixiosos. Repetindo múltiples versións da "paixón e morte do fillo da Dolorosa". Unha visión cruenta da relixión. É unha promoción da relixión católica espectacular e teatral. Porén, é anticonstitucional a implicación dos políticos institucionalmente.

A persoa pode practicar publicamente a súa fe, mais a institución –Concello, Deputación, Xunta, Delegación do Goberno do Estado– non pode participar nas procesións, misas, actos relixiosos porque está sentenciada a laicidade do Estado.

Hai manifestacións diferentes en función das diferentes culturas. Andalucía e Levante, "terras conquistadas" despois de oito séculos de cultura árabe-musulmá, precisan exhibir de maneira ostentosa a súa relixiosidade conversa. O desembarco e desfile dos "novios de la muerte" portando cos brazos en alto a cruz foi un espectáculo repetido nas televisións. Morte, militarismo e relixión. 

No s. IV Prisciliano de Gallaecia, bispo, defendeu a pobreza e a pureza da Igrexa. Fundou unha escola ascética fronte ao luxo e riqueza da igrexa romana. Practicaban a pobreza e celibato voluntarios permitindo a entrada dos laicos na liturxia. Defendeu a creación por Deus do mundo pero non a eternidade. Enxalzou a natureza e as persoas. E integrou as mulleres e os escravos en pé de igualdade na lectura litúrxica. Entendeu a Deus desde a lectura directa dos textos admitindo o libre exame e non a literalidade da Biblia.

eúnense na natureza e incorpora o baile á liturxia. Rexeita na coresma a presenza nas igrexas. Menéndez e Pelayo dixo: "É un teólogo protestante que só acataba a Biblia e a súa interpretación desde a razón". O Priscialismo mantivo a súa presenza varios séculos na Gallaecia como unha forma libre de practicar a relixión. 

Comentarios